Sector Téxtil e Consumo Responsábel de Roupa. Formación para contextualización e desenvolvemento de performances para a acción social e denuncia.

textilDo 4 ao 14 abril, sovaldi AMARANTE Setem organiza en Pontevedra o curso:

Sector Téxtil e Consumo Responsábel de Roupa. Formación para contextualización e desenvolvemento de performances para a acción social e denuncia.

Este curso ten a finalidade de aprofundar na situación actual deste sector a nivel internacional e dar a coñecer alternativas locais de comercialización e produción. Asemade, help darase a coñecer o traballo da Campaña Roupa Limpa neste eido. A CRL é unha campaña internacional de estudo e denuncia das condicións laborais nas fábricas do téxtil deslocalizadas, nomeadamente en países asiáticos e no norte da África, e que traballan para as grandes multinacionais do sector.

Doutra banda, o curso pretende tamén capacitar ás persoas participantes na planificación e desenvolvemento de accións performativas de rúa para a denuncia e chamada de atención sobre as problemáticas relacionadas co sector téxtil.

O curso está dirixido a calquera persoa interesada na temática.

  Dossier do curso 

Para máis información e inscricións (até o 3 abril) contactar con:

Ramón Carmelo

Teléfono : 660 136 556

rcarmelo@sinerxia.org

You may also like...