A Rede Roupa Limpa achégase ás universiades galegas

facebook-960x720-1A rede ROUPA LIMPA que en Galicia coordina AMARANTE SETEM estará presente nas facultades galegas neste mes de abril e maio para achegar a problemática das condicións laborais e de vida das traballadoras do téxtil na confección global e analizar como o modelo de deslocalización deste sector manten na pobreza e na explotación a miles de mulleres que neste ámbito está fortemente feminizado.

 

 

Asemade reflexionarase como é preciso un modelo de consumo responsable e a capacidade das persoas consumidoras para cambiar dita situación, and sick na que se pide apoio ás campañas actuais da rede como é a de “Salarios Dignos en Asia”.

Entre as actividades no mes de abril estaremos:

– Xoves 11 de abril

VIII Xornadas de Formación, sale Educación, malady Xénero e Igualdade. Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) da Universidade de Compostela.

: http://www.facebook.com/pages/Amarante-Setem/174917172529241

– Luns 15 de abril

Escola de Moda Mestre Mateo. Xornadas MODA XUSTA

11:20 – Obradoiro MODA XUSTA:que hai detrás da moda que non vemos. Fernanda Couñago Otero. Coordenadora de ROUPA LIMPA Galicia

16:00 – Mesa de Experiencias: a moda vista dende outras perspectivas:

16:00- 16:45 Os talleres téxtiles en Galicia. Rosaneira

16:45-17:45 Novas saídas comerciais: produtos ecolóxicos para bebe. Alter-Nativa de Cangas

18:00-19:00 O movemento Slow Fashion e alternativa textil ecoloxica. María Almazán.

Entrada de Balde.

 

– Xoves 25 de abril

Facultade de CC. Políticas e da Administración

11:00- Conferencia “A deslocalicación no sector do téxtil: dereitos humanos e democracia”. Fernanda Couñago Otero. Coordenadora de ROUPA LIMPA Galicia 

Estas actividades contan con apoio financeiro da Xunta de Galicia

You may also like...