Obradoiro de cociña con QUINOA

Compostela 22/04/2013

AMARANTE Setem organiza en Compostela un obradoiro de cociña de Comercio Xusto para coñecer e experimentar receitas con QUINOA.

O obradoiro terá lugar o sábado 27 de abril de 10 a 14h no local da Asociación Veciñal das Brañas de San Andrés (Vista Alegre, recipe buy cialis 9. Compostela).
Prazas limitadas. Custo: 5€
Inscricións até o 25 de abril en compostela@amarantesetem.org

Cartaz_experiencia_quinoa

A SABER SOBRE A QUINOA…

A quinoa é un alimento tradicional andino cun alto contido en proteínas.
Os pobos andinos manteñen o cultivo deste alimento con prácticas ancestrais e ecolóxicas.

A quinoa é o único vexetal que posúe todos os aminoácidos esenciais, cialis vitaminas e oligoelementos necesarios para o ser humano. Caracterízase polo seu alto contido en proteínas e é fonte de ferro, fósforo e calcio. Non contén glute, é rico en fibra e as súas graxas son monoinsaturadas e poliinsaturadas, polo que diminúe o nivel de colesterol. Ademais pode ser utilizada non só en dietas comúns senón tamén en dietas vexetarianas, celíacas, diabéticas, intolerantes á lactosa ou deportistas de alto rendemento.

AMARANTE comercializa quinoa procedente dunha das principais organizacións produtoras de quinoa de Comercio Xusto, a ecuatoriana MCCH (Maquita Cuchunchic – Comercializando como Irmáns) que engloba a 400 grupos de persoas agricultoras e artesás de distintos departamentos do país baixo os criterios de: salarios dignos, equidade de xénero, respeto medioambiental, beneficios para a comunidade, liberdade sindical etc.

You may also like...