Nova traxedia no téxtil en Bangladesh con máis de 300 vitimas mortais Atopadas etiquetas do Corte Inglés, Mango e Primark na fábrica

360Rana_PlazaAmarante Setem, a campaña Roupa Limpa, xunto cos sindicatos e as organizacións de dereitos laborais en Bangladesh esixen a acción inmediata das marcas téxtiles internacionais tras a derruba do edificio Rana Plaza en Savar (Dhaka) en Bangladesh onte pola mañá. A derruba do edificio de oito pisos, que abrangue tres fábricas e un centro comercial, cobrouse xa a vida de 300 persoas e hai máis de 1000 persoas feridas. A cifra segue aumentando dramaticamente.

Os activistas lograron entrar nas ruínas de ‘Rana Praza’ e recolleron etiquetas e outra documentación que vinculan as fábricas que estaban neste edificio con algunhas das principais marcas europeas: a marca española Mango e a británica Primark e a última hora confirmouse tamén El Corte Inglés. Nas súas páxinas web, as fábricas sinistradas mencionan entre os seus listados de clientes tamén C&A, KIK e Wal-Mart. Tanto C&A coma KIK e Walmart están tamén implicados no incendio da fábrica Tazreen, non moi lonxe de Savar, onde 112 traballadoras/os morreron nun incendio hai exactamente cinco meses. A marca KIK tamén estivo implicada no incendio da fábrica de Ali Enterprises en Paquistán, onde preto de 300 persoas que alí traballaban morreron queimadas en setembro de 2012. A estas traxedias hai que engadir a de xaneiro con 7 persoas mortas noutra fábrica que confeccionaba para Inditex.

A Campaña Roupa Limpa contactou onte con Mango para coñecer a súa relación coas fábricas sinistradas. Segundo Mango, “non” teñen produción nestas fábricas” e as etiquetas encontradas explícanse porque estaban en conversacións cunha das fábricas por “un pedido de proba a futuro”.

Asemade a Campaña Roupa Limpa segue a contactar con todas as empresas implicadas para coñecer a súa relación coa traxedia. Ademais de axuda de emerxencia e indemnizacións, esiximos a implementación do programa de seguridade nas fábricas de Bangladesh e que asinen inmediatamente o “Bangladesh Fire and Building Safety Agreement” (programa para a mellora da Seguridade nas fábricas de Bangladesh).

Tantas vidas perdidas polo menos debe traducirse nun punto de inflexión radical no modo de producir e monitorear o respecto dos Dereitos Humanos por parte das empresas transnacionales.

Todas estas contínuas traxedias, que puideron ser evitadas, unido as malas condición laborais, salarios de miseria e longas xornadas laborais, e os incendios en barrios marxinales onde viven miles de traballadoras do téxtil na que mais de 4.000 persoas perderon os seus paupérrimos fogares nos ultimos meses, está levando a desesperación e a indignación popular neste país, un dos máis pobres de Asia.

Por dito motivo, esixiremos a todas as partes que dun xeito ou outro teñen parte de responsabilidade para que isto non volva a suceder. Esixiremos as marcas a súa responsablidade e a indeminzación ás familias das vítimas e ás persoas feridas, responsabildiades ó goberno de Bangladesh e que se tomen medidas reais e efectivas por parte dos organismos internacionais, a UE e os gobernos onde teñen a súa sede e base de opercacións estas marcas para que isto non se volva a repetir. Non pode continuar a impunidade e terase que impor sancións ás empresas que vuleneren tan gravemente os dereitos humanos e laborais.

Máis información:

http://www.ropalimpia.org/gl/noticias/360/repulsa-ante-unha-nova-traxedia-evitable-en-bangladesh-etiquetas-de-primark-e-mango-encontradas-na-f-brica

You may also like...