AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organizan o Día Internacional do Comercio Xusto 2013 co lema “Mulleres na defensa do comercio xusto no Norte e no Sur”

cartazCXCo lema “Mulleres na defensa do comercio xusto no Norte e no Sur”, drugstore diagnosis a Asociación AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego organizan a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades en Teo, nurse Pontevedra e Ribadeo nas que se visibilizarán o traballo feito polas mulleres na loita pola igualdade e en defensa dun comercio xusto. Nestas actividades tamén participan colectivos como os grupos de consumo A Gradicela de Pontevedra ou As Grelas de Ribadeo.

A situación da muller

A lacra de accidentes e de mortes no sector da confección global, onde a derradeira traxedia en Bangladesh morreron mais de 700 persoas no derrubamento na fábrica do téxtil Rana Plaza (e que con toda probabilidade chegará ás 900), sendo a maioría mulleres, deixa ó descuberto os abusos e a pouca importancia que se lle da a un sector fortemente feminizado, sendo case o 85% das persoas traballadoras mulleres. A deslocalización do téxtil exportou un modelo discriminatorio coa muller, de explotación e de abuso onde se siguen rexistrando intimidación, abuso sexual, e explotación infantil.

No sector da alimentación podemos decir que aínda non foron equiparados os dereitos de homes e mulleres nos dereitos da terra e de produción, cando suelen ser as mulleres as que traballan a terra, a titularidade da actividade económica e incluso da terra está en man dos homes.

Dende o seu inicio o comercio xusto estivo na vangarda da defensa da muller, na promoción de reformas xurídicas e políticas e do apoio a proxectos que melloren o poder económico das mulleres e ampliacón das súas opcións de vida. O empoderamento das mulleres demostrou que contribúe á saúde e a produtividade das familias e de comunidades enteiras e unhas mellores perspectivas para as seguintes xeracións.

Por iso no Día Internacional do Comercio Xusto queremos denunciar e solidarizarnos coas vitimas dos ultimos accidentes en Bangladesh e demandar o apoio á sociedade para que as marcas asinen o Acordo de Seguridade nas fábricas neste país. Poremos candeas en memoria das vitimas, repartiremos información sobre as mortes neste sector e as marcas involucradas.

E doutra banda visiblizaremos outro modelo de comercio e mostraremos outro xeito de entender o mercado a través do traballo e de experencias de éxito de actividades onde a muller é o centro tanto no Norte como no Sur con paneis sobre testemuños e exemplos de Ecuador, India, Chiapas e Galiza. 

ACTIVIDADES QUE SE REALIZARÁN

Para visibilizar estas situacións de comercio xusto e ofrecer alternativas éticas organizáronse as seguintes actividades en varias cidades galegas vencelladas ao Día Internacional do Comercio Xusto na que tamén participan outros colectivos, e onde se exporán paneis informativos sobre a realidade da muller:

  • MERCADOS TRANSPARENTES en Pontevedra, Santiago e Ribadeo

Na que se exporán produtos locais das produtoras do Sindicato Labrego e produtos de comercio xusto.

SANTIAGO

Sábado 11 de maio. Praza do Parque dos Tilos. Concello de Teo

Hora: 10-14:00h

Participan: Amarante, Sindicato Labrego

PONTEVEDRA

Sábado 11 de maio. Praza de Ourense.

Hora: de 11 a 19 h.

Acción de rúa: candeas en memoria das vítimas do derrebumento na fábrica téxtil en Bangladesh

Participan: Amarante, Sindicato Labrego e A Cooperativa A Gradicela

RIBADEO:

Sábado 11 de maio. Praza de Abastos

Hora: de 10:30 a 14 h.

Participan: Amarante, Sindicato Labrego

Acción de rúa: candeas en memoria das vítimas do derrebumento na fábrica téxtil en Bangladesh

MESA REDONDA: “Consumindo confianza. Encontro de grupos de consumo responsábel”. As Grelas, Karricanta, A Casa Azul.

Hora: 12:30-14:00 horas

  • OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DA SEMANA DO COMERCIO XUSTO ORGANIZADAS POR AMARANTE

  • DEGUSTACIÓN DE DOCES ELABORADOS CON AZUCRE E OUTROS PRODUTOS DE COMERCIO XUSTO

O Venres 10 de Maio a partir das 19 h. na tenda/local de Amarante Setem en Pontevedra, R/ San Román 9, degustación de doces elaboradas con produtos de comercio xusto por activistas de Amarante e alumnado do módulo de hostalaría do CIFP Carlos Oroza.

  • CAFÉ DE COMERCIO XUSTO NAS CAFETERIAS.

Asemade AMARANTE SETEM dentro das actividades programadas con motivo do DIA DO COMERCIO XUSTO organizará unha campaña nas cafeterías de Pontevedra para promover o café de comercio xusto onde varias cafeterías e restaurantes porán café de comercio xusto o sábado 18 de maio e repartiranse folletos informativos.

  Descarga o cartaz 

You may also like...