II Foro da Débeda. Sábado 25 de Maio en Compostela

cartaz_foroDende que impulsamos o 1º Encontro sobre a débeda en outubro do 2012 moito percorrido tivemos. De todas as persoas que alí participaron a título individual, cure de colectivos, order grupos que xa estaban traballando este tema, treatment conseguimos unirnos e deu como resultado que naceu a Plataforma pola Auditoría Cidadá da Debeda de Galiza, a PACD-GALIZA, con grupos de traballo por comarcas, unha comisión de loxística, de comunición e de contidos.

E como primeiro acto público organizamos este II FORO GALEGO DA DÉBEDA, despois do organizado polo 15M da Ría en Oleiros, para convidar a toda a cidadanía galega, e a todolos sectores afectados polas políticas de recortes, e de austeridade imposta pola Troika a participar deste Foro.

Un punto de encontro onde analizar o problema da débeda, ¿por qué non debemos ? e ¿por qué non pagamos?, onde os colectivos en loita visualicen como lles afecta a débeda e en que medida unha auditoría da mesma no seu sector podería ser útil, e sobre todo, avanzar no vencellamento de loitas e dar unha resposta social conxunta ás políticas de austeridade coa débeda como fío conductor.

Asi que estades todas e todos convidados a participar.

¡Non debemos! ¡Non pagamos!

http://auditoriaciudadana.net/2013/05/04/ii-foro-galego-da-debeda-25-de-maio/

Descarga o   cartaz e   volantinas aquí e difunde

You may also like...