O Parlamento Galego aprobou unha declaración en prol das demandas de roupa limpa, de apoio ó Acordo de Seguridade nas Fábricas en Bangladesh

O Parlamento Galego ven de aprobar unha declaración institucional que insta a que as fábricas téxtiles respecten os dereitos humanos-, tadalafil impulsada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e apoiada por todos os grupos do Parlamento de Galicia.

Ante as terribles e recentes traxedias nas fábricas de roupa de Bangladesh que deixaron a cifra de 1.239 persoas mortas e miles de feridas, sales o Parlamento galego veu de aprobar unha declaración que “esixe ás empresas galegas e estatais que subcontratan pedidos ás factorías téxtiles en Bangladesh e outros países que apliquen prácticas de produción con responsabilidade social e garantan que os seus produtos se elaboren respectando normas de seguridade e co cumprimento estrito dos dereitos humanos“. Asemade recomendou que “asinen oAcordo de Seguridade e Incendios nas Fábricas de Bangladesh” que garantan que estes accidentes non volvan a ocorrer.

Dende Amarante e a Campaña Roupa Limpa valoramos moi positivamente esta Declaración institucional que reforza a necesidade dun maior control das empresas transnacionais en toda a súa cadea de produción, e en especial as galegas e agardamos que sexa un primeiro paso para que dito control sexa efectivo así como a necesidade de sancións ás empresas que violen gravemente os dereitos humanos e laborais.

Lembramos asemade que aínda que xa son 31 ás marcas a nivel internacional que asinaron este Acordo, ás vítimas do incendio de novembro e as máis de 1.000 de abril aínda non foron indemnizadas.

  Clica aquí para Declaración do Parlamento 

You may also like...