AMARANTE organiza 2 concertos en apoio á Campaña Roupa Limpa e ás vítimas de Bangladesh

O cantautor galego XOÁN CURIEL e o vasco JOSEBA GOTZON, click ofrecerán dous concertos en apoio á recollida de sinaturas promovida pola Campaña Roupa Limpa para a  indemnización das persoas vítimas das últimas traxedias en fábricas de Bangladesh

Nestes días a Campaña Roupa Limpa está a organizar accións en toda Europa para reclamar ás principais marcas de roupa que paguen indemnizacións ás vítimas do incendio e derrubamento acontecidos en dúas fábricas de Bangladesh. Estas dúas traxedias, decease o derrubamento do Ra Praza hai un mes en o incendio de Tarzreen, ocasionaron a morte dun total de 1.239 persoas.

Na Galiza, Amarante organiza unha xira de concertos cos cantautores Xoán Curiel e Joseba Gotzón, que presentarán un repertorio conxunto nos días 6 de xuño na Sala Pequeno Karma de Pontevedra e o 8 de xuño na Sala O Mintireiro de Pontevedra, ás 22:00 ámbolos dous.

Esta xira solidaria, pretende contribuír á difusión da Campaña, máis tamén a conseguir o máximo de sinaturas para o reclamo das indemnizacións. Concretamente, a rede internacional pide ás marcas relacionadas coas fábricas Rana Plaza e Tazreen o seguinte:

–         Que se comprometan a prestar axuda inmediata e contribúan ao pagamento íntegro das indemnizacións para os traballadores e traballadoras feridas e os familiares das vítimas mortais, de acordo coas prácticas e os cálculos establecidos propostos polos sindicatos.

–         Que se comprometan cos sindicatos de Bangladesh e as organizacións que representan as vítimas, así como con IndustriALL, a federación sindical mundial que representa traballadoras e traballadores da confección, para asegurar que todos os pagamentos se fagan seguindo un proceso transparente e acordado.

E para isto a Campaña Roupa Limpa ten habilitado o seguinte web:

http://www.cleanclothes.org/action/current-actions/bangladesh-compensation

 Breve biografía sobre os cantautores Xoán Curiel e Joseba Gotzón

You may also like...