Apoia a obxección fiscal ao gasto militar

Desde Amarante Setem, sovaldi sale organización que ten entre seus principios a non violencia, order consideramos que o labor do exército, lonxe de salvagardar os dereitos da poboación, é unha ferramenta do estado na defensa dun sistema que atenta contra os nosos dereitos e promove a desigualdade. Asemade, representa valores non humanitarios como a violencia, o machismo, a intolerancia ou a represión.

Por dito motivo queremos informavos que existe esta campaña de obxección fiscal aos gastos militarizados Campaña 2013 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militarizados que o colectivo Espazo Aberto Antimilitar está a promover entre a cidadanía galega para reivindicar que parte dos nosos impostos non sexan destinados a sufragar o exército e outros aparellos de control social do estado, e se adiquen a proxectos ou entidades cun claro impacto social positivo.

A Obxección Fiscal é un acto de Desobediencia Civil que consiste, non en evadir impostos, senón en non pagar ao Estado a parte proporcional do diñeiro adicado a fins militares, no momento de facer a Declaración da Renda, desviándoos a proxectos sociais coherentes cun entender pacifista e/ou solidario.

Tanto se a declaración sae a pagar, a devolver ou é de cota líquida 0, pódese exercer a obxección fiscal restando nos impresos da declaración, nunha das casas de deducións xerais, a cantidade que obxectes, e ingresándoa nun proxecto ou entidade social que decidas.

Neste caso, animámosvos a facelo coa nosa organización. Os nosos datos son Asociación Galega AMARANTE Setem para o ecodesenvolvemento

Entre as actividades que estamos realizando nestes intres temos :

  • Conseguir que se indemnicen ás vítimas mortais das fábricas do téxtil en Bangladesh e que as marcas asuman a súa responsabilide neste tipo de sinistros e conseguir unhas condicións dignas de traballo para ós millóns de mulleres/a no sector da confección en Asia. Presionar ós gobernos para que presionen ás marcas para que así se faga.
  • Accións de rúa, cursos, exposicións, ciclos de cine para promover o consumo responsable, a soberanía alimentar e o comercio xusto como unha alternativa á economía dos mercados
  • Apoio ó Movemento dos Sem Terra de Brasil e a realización dun Encontro Europeo en Galicia no 2014.

O noso número de conta é TRIODOS BANK: 1491 0001 21 1008527929.

Máis info: www.amarantesetem.org

Cando fagas isto, terás que lle achegar unha instancia a Facenda na que conxuntamente co recibo deste ingreso, se fagan constar os motivos da obxección.

No caso de que non fagas declaración tamén podes colaborar coa campaña enviando ao Delegado de Facenda da túa provincia un sobre cos impresos da declaración en branco acompañados dunha carta co teu nome e DI, expresando a protesta contra o gasto militar.

Tamén é importante que saibades que ao non ser a obxección fiscal un dereito recoñecido legalmente, e aínda que o habitual é que Facenda non actúe (para evitar darlle relevancia social), poderia acontecer que comunique que non acepta a obxección, polo que no caso de que a declaración fose a devolver quedaríase coa cantidade desviada ou ben reclamaríaa no caso de que fose a pagar.

Aquí podes descargar unha  guía para faceres a obxección  e un  modelo de instancia a Facenda .

 

You may also like...