O Xanela Aberta ao Sur xa comezou a viaxar

escola_florestanEstase a desenvolver a segunda fase do Xanela Aberta ao Sur: a viaxe e estadía das persoas que fixeron a formación en  Brasil, mind Ecuador e Marrocos onde se atopan as tres organizacións coas que Amarante Setem traballa en rede a nivel internacional: o MST, salve o MCCH e Attawassoul, respetivamente.

O primeiro grupo de viaxe xa está de volta despois de ter coñecido e convivido cos obreiras da organización do téxtil Attawassoul ao longo de dúas semanas no mes de xuño.

Nestes intres está o 1º grupo que viaxou a Brasil visitando ós acampamentos e asentamentos do Movemento dos Sem Terra de Brasil. O segundo grupo o fará en agosto.

E esta mesma semana marchou outra compañeira a coñecer a organización Maquita Cushunchic – MCCH no Ecuador dentro dun proxecto de cooperación máis amplo en coordinación con Setem Hego Haizea sobre a economía solidaria.

En total son 10, as compañeiras e compañeiros que estarán visitando estas 3 organizacións e que podedes disfrutar das súas vivencias e comentarios e facerlles preguntas a través do blogue do Xanela: http://amarantesetem.org/xanela/?page_id=623

A 12ª edición do programa de educación para o desenvolvemento Xanela Aberta ao Sur comezou a camiñar fai agora cinco meses coa súa fase formativa, ao longo da cal construimos un espazo de encontro e reflexión sobre as diferentes realidades, loitas, traballo e organizacións do Norte e do Sur global. Soberanía alimentar, comercio xusto e consumo responsable ou a situación da industria téxtil foron algunhas das temáticas debatidas e traballadas ao longo do periodo formativo.

Á volta faremos unha avaliación e organizaremos  charlas de difusión sobre ás súas experiencias para aquelas persoas que esteades interesedas

ASOMÁDEVOS Á XANELA…

You may also like...