NON Ó ATAQUE Á SIRIA

sgep

Amarante participará das concentracións contra o ataque á Siria este vindeiro martes 10 de setembro convocadas pola Coordenadora Galega pola Paz

No ano 2011, mind os sunitas da Siria que representan á maioria do pobo sirio, cialis sale sairon á rúa para protestar pacíficamente contra o rexime de Bashar Al Assad. Este reaxiu reprimindo violentamente á poboación civil, cialis o que provocou o rexurdir dun conflito latente no estado sirio desde a descolonización da rexión polo Reino Unido e a Francia. Nin daquela nin agora as potencias occidentais, encabezadas desta polos Estados Unidos, tiveran a maior preocupación polo pobo sirio.

A guerra civil nestes dous anos entre os leais ao rexime e a oposición deixou cen mil persoas mortas e dous millóns de persoas refuxiadas (un millón delas, nenas e nenos).

Neste contexto é no que agora os Estados Unidos e a Francia deciden intervir militarmente , aducindo razóns humanitarias como noutras ocasións, queren bombardear un pais e violar a súa soberania. O ataque pretende ser xustificado polo inaceptable uso de armas químicas por parte de Al-Assad, pero a celeridade dos Estados Unidos e a Francia en tomar unha decisión a favor da intervención, sen esperar aos informes da ONU, enxergan en nós dúbidas sobre as verdadeiras intencións e fannos desconfiar de non estar perante unha nova agresión imperialista. Desde Amarante, defendemos que coñecer os responsabeis debe servir para que sexan xulgados, non para castigar máis aínda a un pobo xa masacrado.

Resulta especialmente grave e hipócrita que aqueles que din preocuparse polo pobo sirio sexan os mesmos que venden armas a un e outro bando, alimentando o conflito.

Queremos tamén reflexionar sobre o feito de que a poboación siria figure únicamente como vítima, negándoselle o seu papel como cidadanía soberana capaz de decidir que país quere e como quere ser apoiada para conseguilo.

Por todo isto, esiximos tanto ao goberno galego como ao español que se opoñan a unha nova agresión sobre a poboación siria. E animamos a cidadanía galega a presionar para que isto non suceda.

O vindeiro martes 10 de setembro haberá concentracións ás 20:30h na Coruña diante do consulado dos EE.UU e en Vigo diante da embaixa francesa. No resto dos concellos galegos as concentracións terán lugar fronte aos edificios consistoriais tamén ás 20:30h, para dicir Non á guerra, Non á invasión de Siria. Estas accións son convocadas pola Coordenadora Galega pola Paz da que forma parte AMARANTE.

Asemade esiximos tamén que se promovan todas as medidas pacíficas necesarias que posibiliten unha resolución real do conflicto, que pasa necesariamente por unha participación de todos os actores implicados na zona en conflicto, sen vetos. Entre estas medidas atoparíanse: a realización dunha Conferencia Internacional de Paz, embargos selectivos, presencia de observadores internacionais e a remisión á Corte Penal Internacional, de maneira que se favorezan as condicións necesarias para unha negociación que posibilite unha resolución do conflito baseada no dereito internacional, a non agresión e no respeto aos dereitos humanos do pobo sirio.

—————————————————

Comunicado da Coordenadora Galega pola Paz

A humanidade atópase, unha vez máis, alarmada pola inminencia dunha nova agresión imperialista, neste caso, contra do pobo sirio, como tantas outras veces no pasado, protagonizada polo exército norteamericano, de forma unilateral, e sen sequera o aval das Nacións Unidas, o que significa unha inequívoca violación do dereito e a legalidade internacional.

 

As consecuencias dunha intervención militar norteamericana en Siria son imprevisibles. As guerras, cando comezan, pretenden ser sempre xustas, rápidas, puntuais e cirúrxicas, co menor custe e as baixas mínimas. Sen embargo, a historia amosa, con claridade, que non sempre acontece así.

A escusa pretendida agora para intervir militarmente nun estado soberano é a da utilización de armamento químico polo réxime ditatorial de Bachar el Assad cando informes independentes veñen denunciando, desde hai varios anos, que as partes en conflito en Siria contan e usan diferente armamento químico, particularmente, gas sarín. Sen embargo, o que se silencia reiteradamente nos medios nacionais e internacionais, é precisamente quen son os fabricantes e vendedores deste tipo de armamento prohibido polas convencións internacionais, precisamente, os EE.UU e os outros membros con dereito a veto no Consello de Seguridade da ONU.

 

Os informes dos inspectores das Nacións Unidas, realizados sobre o terreo, confirman a utilización de gas sarín en Damasco, ó tempo que anuncian que non poden precisar a autoría dos bombardeos. EE.UU apresurouse a atribuír o uso destas armas letais e terribles ó réxime de Bachar el Assad nunha comparecencia de prensa do Secretario de Estado John Kerry que lembrou moito a aquela outra protagonizada por Collin Powell na ONU para xustificar o ataque a Iraq en 2003 pola suposta existencia dunhas armas de destrución masiva que logo comprobamos que non existían. Lembremos que Aznar e o PP votaron unanimemente a favor daquela intervención ilegal no Congreso, contra da opinión maioritaria da cidadanía.

As numerosas armas de destrución masiva que existen, repartidas polo mundo adiante, foron fabricadas e vendidas, nomeadamente, polos EE.UU, que tamén ten a triste marca da súa utilización, desde o armamento nuclear en Hiroshima e Nagasaki, ate o napalm en Vietnam ou o uranio empobrecido en Iraq.

Non podemos ignorar que Siria está situada nunha rexión fortemente incendiada pola guerra e a violencia desde hai moitos anos. Basta con fixarse nas fronteiras que mantén Siria para entender o seu papel estratéxico, particularmente, para o control territorial e dos recursos enerxéticos da zona, como paso previo de camiño a Teherán, probable próximo obxectivo militar dos EE.UU, que mantén e tolera a vulneración sistemática das resolucións das Nacións Unidas contra de Israel, o seu principal aliado na rexión, xunto coas monarquías teocráticas do Golfo.

Siria leva máis de dous anos nunha auténtica guerra civil, con forte presencia estranxeira, en recursos, financiamento e mercenarios, por ambas partes, que ten producido máis de 100.000 mortos e varios millóns de desprazados e refuxiados. A poboación civil siria, especialmente nenos, mulleres e anciáns, son as vítimas inocentes dun brutal enfrontamento alongado deliberadamente para debilitar e destruír o país, para facelo irrelevante na rexión, para facilitar os plans de control e a posterior intervención en Irán.

A cidadanía siria levantouse contra do réxime ditatorial de El Assad, hai algo máis de dous anos, reclamando, como o resto das Primaveras Árabes, pan, traballo e liberdades democráticas, co protagonismo da mocidade laica e progresista. Occidente, coa miopía que o caracteriza, decidiu non apoiar estas reivindicacións e militarizar o conflito, vendendo armas ós chamados ”rebeldes”, cada vez máis controlados por grupos yihadistas.

A intervención militar norteamericana en Siria pode desencadear consecuencias gravísimas para unha rexión xa de por si fortemente armada e con confrontacións políticas, relixiosas e armadas que se prolongan no tempo. O xogo das alianzas, como tantas outras veces, pode xeralizar a violencia máis alá daquela área xeográfica, e influír notablemente na paz e na seguridade a nivel mundial, tamén na nosa economía, tal e como teñen advertido outros actores principais en Nacións Unidas e na rexión.

 

A cidadanía global, a sociedade civil internacional, as persoas de ben en Galicia, en Europa e no mundo non podemos permanecer impasibles diante dun conflito que ameaza con estenderse moi perigosamente. Bombardear un país soberano, intervilo militarmente desde o exterior, pola forza e a violencia, non son as mellores fórmulas para resolver un conflito. Todo o contrario. É precisamente a presión económica, política e diplomática sobre as partes, da comunidade internacional, de forma multilateral, co protagonismo das Nacións Unidas e da Liga Árabe, as que poden impoñer un alto o fogo e abrir vías de diálogo e de entendemento, en Siria e no conxunto da rexión.

A Coordinadora Galega pola Paz, plataforma de acción pacífica e nonviolenta, conformada por organizacións moi diversas, aberta e plural, de ONGs, movementos sociais, fundacións, sindicatos e partidos, manifesta a súa máis enérxica oposición á unha intervención militar norteamericana contra do pobo sirio,  solidarizase coas vítimas, e reclama da cidadanía e das institucións democráticas, parlamento e concellos, mocións de condena na liña do aquí manifestado.

 

 

Non á guerra!

Non no noso nome!

Sacade as vosas mans de Siria!

 

COORDINADORA GALEGA POLA PAZ

ADEGA, ALTERMUNDO, AMARANTE, ANOVA-IN, CCOO,

COORDINADORA GALEGA DE ONGDS

EQUO GALICIA, ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, EU,

FETE-UGT, FORO GALEGO DA INMIGRACION,

FUNDACION 10 DE MARZO, FUNDACION ARAGUANEY, FUNDACION BALTASAR GARZÓN,

INTERED, INTERMON OXFAM,

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ

SINDICATO LABREGO GALEGO

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL

STEG, UGT, UNIONS AGRARIAS

VERDEGAIA, VOLUNTARIADO SOCIAL ROGAS

XUVENTUDES COMUNISTAS, XUVENTUDES SOCIALISTAS GALEGAS

You may also like...