Este sábado 12 de outubro a Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda da Galiza gritará ¡Non debemos, non pagamos!

Cartaz_PACD_-_12OA Semana da Débeda, shop que vai xa pola súa séptima edición, try celébrase conmemorando o asesinato deThomas Sankara, presidente de Burkina Faso, quen xa denunciaba en 1987 que o pago da débeda exprime á poboación para enriquecer a unha minoría. “No contexto actual, de recortes e austeridade, é de vital importancia continuar coas mobilizacións de denuncia da lacra da débeda, tanto no noso país coma fóra das nosas fronteiras”.

A débeda pública pasou do 41,1% do PIB no 2007 ao 101,9% a finais de 2012 (segundo os datos do Banco de España calculados polo método de “pasivos en circulación”). Segundo o propio goberno, a débeda pública seguirá crecendo no 2014, en grande parte debido ao rescate do sector financeiro. E segundo o FMI non se estabilizará até 2018.

Co obxectivo de denunciar a situación, a PACD Galiza organiza diversas actividades, uníndose ás actividades que se organizan no resto do estado para denunciar a ilexitimidade da débeda e as medidas de austeridade.

Así teremos varios actos. En A Coruña acollerase a acción central do nodo galego da PACD cunha concentración no Campo da Leña este sábado 12 de outubro ás 12.00 da mañá. Pero tamén teremos máis actos en Ribadeo e Ourense

Achégate e participa do grito xeral: NON DEBEMOS, NON PAGAMOS!

Máis info: http://auditoriaciudadana.net/nodo/galiza/

You may also like...