O Movemento dos Sem Terra do Brasil (MST) visita Galicia para reunirse con distintos colectivos sociais da man de AMARANTE

mstEntre os días 31 de outubro e 1 de novembro, patient prostate order a compañeira Kelly da Dirección Nacional de Xénero  do MST (Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra do Brasil) estará en Galicia, generic co obxectivo de reunirse con organizacións e movementos sociais para analizar o actual contexto internacional e a procura de estratexias de traballo entre organizacións e colectivos en temas como a soberanía alimentar, pilule as desigualdades e o acaparamento de bens naturais polas transnacionais, ou xénero.

Estes encontros están organizados por Amarante Setem, organización que forma parte dos Comités europeos de apoio do MST, e que será encargada o ano que ven de organizar o Encontro Europeo de Comités de apoio ó MST na Galicia.

Animávosvos a tódolos colectivos a participar destes encontros que entendemos moi positivos para estreitar lazos e loitas con organizacións como o MST.

Aquí tedes as datas e os lugares para participar no encontro coa compañeira Kelly do MST:

En Compostela:

– Día 31 de Outubro, 18:00. Encontro con colectivos sociais.

Lugar: local do SLG. Rúa Ofelia Nieto 13-23, 15705, Compostela

– Día 1 de Novembro:

* 10:00 a 11:30. Encontro coa base social de Amarante.

Lugar: local de Amarante en Compostela. Rúa Quiroga Palacios, nº8.

* 12 a 14:00. Encontro co Comité de Apoio ao MST, para tratar o Encontro Europeo de Comités no 2014

Lugar:  local de Amarante en Compostela. Rúa Quiroga Palacios, nº8.

En Ribadeo.

* 18:30 a 21:00. Encontro con diversos colectivos sociais en Ribadeo.

Lugar: Lavadoiro, na Rúa dos Fornos. (non confirmado).

 

Este encontro forma parte dunha serie de reunións que varias compañeiras e compañeiros do MST van ter cos comités de apoio europeos en outubro e novembro para preparar a nivel internacional o seu VI Congreso Nacional, que terá lugar en Brasilia en febreiro de 2014, baixo o lema  “Loitar! Construir reforma agraria popular!”

You may also like...