AMARANTE Setem celebra un Mercado Transparente que promove un “Consumo Responsable tamén no Nadal”

AMARANTE Setem inicia a súa campaña de Nadal con unha actividade de sensibilización e información das alternativas de consumo que supoñen a mellor forma para se enfrontar á crise económica, buy social e ambiental que estamos a vivir: a organización de un MERCADO TRANSPARENTE, clinic que oferta produtos elaborados tanto en Galicia como en países menos desenvolvidos baixo os estándares de dignidade, case calidade e saúde do Comercio Xusto.

P7210031_reducido


Data: sábado 21 de Decembro, de 11:30 a 14:00 horas

Lugar: Praza de Ourense, Pontevedra (ó lado da Praza da Ferrería)

 

Amarante propón e defende outro modelo de consumo en Nadal, un consumo responsable, onde se respectan os dereitos sociais e laborais das persoas produtoras, e os dereitos das persoas consumidoras a unha calidade e transparencia dos produtos que compran.

Para propoñer outro modelo de consumo en Nadal e promover agasallos solidarios, Amarante visibiliza o seu traballo de loita pola xustiza social en un MERCADO TRANSPARENTE, onde as persoas consumidoras terán acceso directo a produtos de fresco e envasados elaborados de xeito artesanal por artesáns, tanto de países países menos desenvolvidos como de Galicia, baixo criterios de respecto ó medio ambiente, salarios dignos, desenvolvemento colectivo e sostible, igualdade e non explotación infantil.

O obxectivo desta iniciativa é mostrarlle á cidadanía que existe toda unha inmensa variedade de produtos de calidade e a prezos asequibles que respectan os dereitos humanos e o medio natural, e que son unha alternativa para aquelas persoas que no Nadal queren facer as súas compras de acordo ós criterios de un consumo consciente e responsable.

Xunto con Amarante, participará o grupo de consumo de Pontevedra “A Gradicela” e produtores e produtoras galegas do Sindicato Labrego Galego (SLG).

RECOMENDACIONS DE REGALOS SOLIDARIOS

Como persoas consumidoras, exercemos un papel moi importante coas nosas compras, xa que cos nosos cartos podemos apoiar un modelo económico, onde priman os beneficios empresariais por enriba das persoas, ou outro, basado no respecto ós dereitos humáns e laborais das persoas traballadoras, a calidade dos produtos e a sostibilidade medioambiental.

Entre os exemplos de agasallos solidarios, Amarante oferta:

CESTAS DE PRODUTOS DE ALIMENTACION: conservas, cervexas, aceite, marmeladas, mel, patés…, elaborados en Galicia, ou cafés, chocolates, azucre, panela, pastas…, feitos noutros países baixo os criterios do Comercio Xusto.

ROUPA, TÉXTILES E ARTESANÍA: bolsos e monedeiros de plástico reciclado, xogos de café, inciensos, decoración e fogar… proveniente de cooperativas e asociacións de produtoras e produtores, organizadas/os de xeito democrático, de todo o mundo.

COSMETICA NATURAL: xabóns, champú, crema, after shave, desodorante… feitos con produtos naturais e respectando o medioambiente.

REGALO INTANXIBLE E SOLIDARIO: Amarante tamén recomenda un regalo intanxible e solidario: unha participación de seis meses no seu proxecto de Solidariedade e Ecodesenvolvemento, onde a persoa agasallada recibe un regalo de benvida, información periódica sobre o mundo da Solidariedade e un 10% de desconto nas tendas de Amarante durante eses seis meses.

Todos estes produtos poden conseguirse na tenda de AMARANTE Setem: Pontevedra, Rúa San Román, 9.

You may also like...