NACE MOV3. Galicia viste consciente

Este sábado 11 de Xaneiro naceu  “MOV3. Galicia Viste Consciente” da mán de AMARANTE SETEM e María Almazán, store na que buscamos unir o social e a moda para impulsar a construción de alternativas de roupa con criterios sociais e ambientais. foto.grupoMOVE

Neste primeiro acto de constitución nos xuntamos case 30 persoas entre iniciativas relacionadas co téxtil ecolóxico, pharmacy novas deseñadoras e deseñadores, pills estudantes do último curso das escolas de moda galegas, tendas de segunda man e de recuperación e tendas de roupa ecolóxica, para sentar ós primeiros pasos e dar forma a este movemento que fará  a súa posta de largo en maio.

Durante os vindeiros meses traballaremos na idea de como impulsar a construción de alternativas de roupa, e como visibilizar e promover outro xeito de producir e consumir roupa en Galicia. Para iso faremos unha formación e crearemos unha plataforma en internet onde todas as persoas consumidoras interesadas no consumo responsable de roupa teñan acceso de primeira man sobre todas as ofertas que existen en Galicia.

Nesta fase formativa realizarase un traballo de creación propia, que consistirá no deseño dunha peza de roupa orixinal baseado nos criterios de ecoloxía e /ou Comercio Xusto, con telas que lles serán proporcionadas por Amarante, e producida polos talleres galegos que poremos á súa disposición.

Ides poder seguir este movemento e o proceso creativo a través de facebook.

Síguenos en

https://www.facebook.com/pages/MOV3/568918236527807?fref=ts

You may also like...