Ábrese o Prazo de Inscrición do XANELA ABERTA. ASÓMATE AO CAMBIO 14

Imaxe Xanela 2014A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, purchase un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, con xornadas formativas e viaxes para coñecer as loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador)

O período de inscrición estará aberto desde o 1 de febreiro e ata o 6 de marzo.

 

 

Para coñecer máis de preto esta experiencia, as persoas que participaron en anos anteriores realizarán unha serie de palestras durante o mes de Febreir

As datas das charlas son:

  • Lugo: Venres, 14 de febreiro. C.S. Madia Leva (R/ Serra de Ancares, 18). Ás 20:30h.

  • Pontevedra: Xoves, 20 de febreiro. Local de Amarante.(R/San Román,9). Ás 19.30h.

  • Compostela: Mércores 19 de febreiro. Biblioteca Ánxel Casal (Avda. Xoan XXIII, s/n). Ás 19.00h.

  • A Coruña: Mércores, 19 de febreiro. Galería Sargadelos (R/ Real, 56). Ás 19.00  

  • Vigo: pendente; máis info próximamente en www.amarantesetem.org/xanela

O programa formativo contará con 5 xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e convivir cunha das organizacións coas que colabora Amarante:

As datas das xornadas de formación son: 8 de marzo, 29 e 30 de marzo, 12 e 13 de abril, 26 de abril, 26 de abril e 24 de maio e a avaliación o 20 de setembro.

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.

  • Asistir a todas as xornadas formativas

Pago de Matrícula:

  • 50€ se traballas.

  • 30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.

Para inscribirte ou pedir máis información:

educacion@amarantesetem.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 84 81 59

Máis info:

No Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook.

Xanela Aberta. Asómate ao Cambio pretende promover unha conciencia crítica, activa e transformadora que nos achegue ao compromiso pola xustiza social.

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

 

You may also like...