Concurso de curtas “Revoltallo Audiovisual 2014”

cartaz revoltalloOs colectivos A Xuntanza, sovaldi Verdegaia e Amarante Setem que vimos de organizar durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, e trala boa acollida da primeira edición do concurso de curtas “Filmar para cambiar”, decidimos este ano reorientar a programación cara un novo formato onde queremos pór o foco na participación cidadá.

Xurde así o “RevoltAllo audiovisual”, que non é só un ciclo ou un concurso, senón que ten un pouco disto, e é tamén unha proposta máis acaída os tempos e os desexos das persoas para xerar os seus propios discursos.

 

A programación do “RevoltAllo 2014” inclúe por tanto, unha nova edición do concurso de curtas, a proxección das curtas gañadoras da pasada edición, a presentación dun documental galego coa presenza da súa realizadora e unha formación intensiva de fin de semana para a realización de curtas “caseiras”, o “Obradoiro AlloVisual de vídeos contra o capital!”

O concurso de curtas xa ten aberto o prazo de recepción de vídeos, desde o 17 de febreiro e até o 30 de abril. Neste concurso poderán participar todas as persoas interesadas que envíen unha curtametraxe de temática social e medioambiental dende unha óptica de denuncia e na procura de alternativas éticas.

A elección das curtas gañadoras será por votación do público asistente no día da proxección e as persoas con algunha das tres curtas máis votadas recibirán un premio simbólico, xa que a finalidade do concurso é dar difusión os traballos realizados ao redor destas cuestións.

Aqui podedes descargar:

bases do concurso

ficha de inscrición

E como non, convidámosvos a participar en toda a programación do RevoltAllo 2014

Calendario 

Mércores 30 de abril. Proxección das curtas gañadoras do 2013

Lugar: Biblioteca Anxel Casal (Compostela) ás 20h

Mércores 7 de maio. Proxección documental e debate “O audiovisual no allo social”

Lugar: A Xuntanza (Compostela) ás 20h

Lugar: A Xuntanza (Compostela) ás 20h

 

Finde do 16, 17 e 18 de maio. “Obradoiro AlloVisual de vídeos contra o capital!”

Obradoiro de 8-9 horas de formación teórico-práctica para a realización in situ dunha curtametraxe de carácter social e/ou medioambiental.

Dinamizan: illabufarda.com

Prezo por persoa: 20€. Incricións até o 14 de maio no correo-e: revoltallo2014@gmail.com

 

Mércores 21 de maio. Concurso de curtas “RevoltAllo 2014″. Proxección e elección das curtas gañadoras polo público asistente. Lugar: A Xuntanza (Compostela) ás 20h

Para máis información: revoltallo2014@gmail.com

You may also like...