O XOVES 6 DE MARZO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA. ASÓMATE AO CAMBIO´14 O XOVES 6 DE MARZO REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN DO XANELA ABERTA. ASÓMATE AO CAMBIO´14

A Asociación galega AMARANTE Setem comeza a XIII edición do Xanela Aberta. Asómate ao cambio este vindeiro sábado 8 de marzo. Para as persoas que estades interesadas o prazo de inscrición remata este xoves 6 de marzo. O Xanela Aberta. Asómate ao Cambio, healing é un programa de educación para o desenvolvemento que ten como finalidade promover unha conciencia crítica e transformadora sobre a realidade social, clinic con xornadas formativas e viaxes que posibilitan o coñecemento das loitas e resistencias de organizacións locais e internacionais, diagnosis como o Movemento Sem Terra (Brasil), Attawassoul (Marrocos) ou MCCH (Ecuador).

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio levaranse a cabo cinco xornadas formativas que darán paso á posibilidade de viaxar nos meses de Xullo e Agosto e coñecer ás organizacións coas que colabora Amarante habitualmente:

 

As datas para a formación son:

  • I Xornada: Impactos da cooperación internacional e o turismo de masas. CIAC (Compostela). Sábado, 8 de marzo.

  • II XornadaImpactos sociais das políticas fronte a crise. CIAC (Compostela). Sábado, 29 de marzo.

Resistencias I. Contra a minaría. Plataforma de Corcoesto – Bergantiños e Oro No. Coristanco. Domingo, 30 de marzo.

  • III Xornada: Resistencias II. Decrecemento e alternativas locais no consumo de alimentación e roupa. Arqueixal (Palas de Rei). Sábado e Domingo 12 – 13 de abril.

  • IV Xornada: Resistencias III. Loita Feminista Global. CIAC (Compostela). Sábado, 26 de abril.

  • V Xornada: Resistencias IV. Comunicación e medios alternativos de información local. CIAC (Compostela). Sábado, 24 de maio.

  • Xornada de Avaliación: CIAC (Compostela). Sábado, 20 de setembro.

 

As xornadas formativas están abertas a todas as persoas interesadas. Se tamén queres viaxar a coñecer ás organizacións colaboradoras son precisos os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.

  • Asistir a todas as xornadas formativa

Pago de Matrícula:

  • 50€ se traballas.

  • 30€ para estudantes, desempregadas e socias/ activistas de Amarante.

 

Para inscribirte ou pedir máis información:

educacion@amarantesetem.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 986 84 81 59

 

Máis info:

No Blog do Xanela http://amarantesetem.org/xanela. Síguenos tamén no Facebook.

Xanela Aberta. Asómate ao Cambio pretende promover unha conciencia crítica, activa e transformadora que nos achegue ao compromiso pola xustiza social.

Este proxecto está financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.

You may also like...