AMARANTE SETEM, a PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS, e ORO NO! organizan actividades de sensibilización e formativas contra a minaria en Coristanco para o vindeiro 30 de marzo

Cartel-30M-A4hospital 120, prescription 120); margin-bottom: 10px; margin-left: 15px; float: right;” />A Asociación galega Amarante Setem no marco do programa de educación para o desenvolvemento, drugstore Xanela Aberta. Asómate ao cambio, na súa edición número XIII, achégase á comarca de Bergantiños para coñecer a labor desenvolvida pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños fronte á megaminería especulativa.

As actividades desenvolveranse o vindeiro domingo 30 de marzo, no que as persoas participantes da formación como todalas persoas interesadas poderán participar de varias atividades ó longo do día.

Empezarase ás 10:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco, onde os colectivos Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma ORO NO, de Asturias, e Amarante Setem ofrecen unha xornada de encontro para coñecer e reflexionar sobre os impactos que a megaminaría especulativa ten sobre o territorio e as persoas.

 

Proxectarase o documental “A Rosa de Corcoesto” na que contaremos coa presenza do seu director, Xosé Bocixa, que acampañarán ás intervencións de ORO NO e a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Para rematar a xornada represetantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, guiarán ás persoas participantes nun roteiro organizado arredor da zona cero onde a empresa mineira Edgewater fixou os seus intereses especulativos. 

You may also like...