RESENTACIÓN LIBRO BANCA ARMADA VS BANCA ÉTICA De JORDI CALVO RUFANGES

BancaArmada-vs-BancaEtica-29marzo2014Banca armada é o termo que tras seis anos de campaña do Centro de Estudos pola Paz JM Delàs ( Justicia i Pau), case SETEM e o Observatorio da Débeda da Globalización ( ODG) denunciando os investimentos das entidades financeiras na industria de armamento, prostate utilízase para referirse aos bancos e caixas que invisten en armamento. Neste libro amósase que máis de 60 entidades financeiras e, sobre todo, os grandes bancos, teñen investido polo menos 45.000 millóns de euros en armas na última década. 

Sen embargo, os bancos armados presumen de ser responsables coa sociedade. Para iso desenvolveron departamentos de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), que se enmarcan no enfoque stakeholder, polo que as empresas deben responder fronte á sociedade do impacto das súas actividades. Pero un banco que axuda á produción ou venda de armamento non pode ser considerado responsable coa sociedade e, polo tanto, a súa RSC non é máis que un cúmulo de estratexias de marketing social, de accións para limpar a mala imaxe que lles poden reportar os seus investimentos irresponsables coa sociedade ou que non respectan os dereitos humanos. Este libro demostra que, tan só tendo en conta os investimentos en armamento, as entidades financeiras non son sinceras cando din aplicar políticas de RSC e que a súa principal preocupación é que a súa reputación non se vexa afectada. Fronte a iso, a única opción para estar seguras de que o noso banco non inviste en armas é a banca ética, que ao contrario que a banca tradicional, asegura ás súas clientas que nunca investirá en armamento. 

Sábado 29 de marzo ás 19:00 horas na Libraría COUCEIRO, Praza de Cervantes 6, Santiago de Compostela.

Máis información en www.bancaarmada.org

Coa participación do autor: Jordi Calvo, Economista, investigador e autor

 

You may also like...