Un estudo sobre as marcas de roupa mostra que deben traballar moito máis para garantir que as traballadoras do sector téxtil reciban un salario que baste para vivir

CRL7A Campaña Roupa Limpa publicou hoxe “Salarios Dignos”, cialis un estudo en profundidade sobre o que están a facer 50 das marcas máis importantes de Europa, malady entre elas tres españolas (Desigual, pharm Mango e Inditex), para garantir que as traballadoras que elaboran as pezas que venden reciben un salario digno.

“A pesar de que un salario digno é un dereito humano, ningunha das 50 compañías líderes está a pagar un salario digno”, dixo Anna McMullen, a coordinadora do informe. “O informe mostrou que aínda que máis marcas son conscientes do salario digno e recoñecen que é algo que se debe recoller nos seus códigos de conduta e na súa RSC, é decepcionante comprobar que a maior parte das marcas investigadas non chegaron máis aló. Dado que hai millóns de mulleres e de homes en todo o mundo que dependen da industria téxtil, é vital que estas palabras se convertan en accións reais canto antes”.

Segundo este informe, é fundamental que Inditex desenvolva parámetros baseados no custo real da vida das traballadoras e garanta que se inclúan no prezo que pagan as fábricas, así se achegarían á consecución dun salario digno.

Pola súa banda, Mango aínda non se comprometeu a garantir un salario digno para as persoas traballadoras das súas fábricas provedoras, nin sequera o inclúe no seu código de conduta.

A última marca española analizada nesta investigación é Desigual. Esta marca non conta con parámetros para garantir un salario digno, e tampouco publica información sobre dereitos laborais ou comercio ético.

A loita polos salarios dignos está a chegar a un punto crítico

Nos principais países produtores do sector téxtil, por exemplo en Camboia, a loita polos salarios dignos continua, xa que segundo as últimas cifras de Asia Floor Wage Alliance os salarios dignos, en xeral, triplican o salario mínimo que reciben as traballadoras do sector téxtil.  

As traballadoras de Camboia, por exemplo, cobran menos de 73 euros ao mes, é dicir, soamente o 22% da cifra do Salario Digno de Asia para Camboia. Durante os últimos meses, as traballadoras do sector téxtil sufriron unha crecente violencia e axitación, xa que esixen un salario mínimo de 116 euros, que segue sendo soamente unha fracción do que sería un salario digno.

Os meus gastos aumentan día a día”, di Lili, unha traballadora dunha fábrica de Camboia. “A pesar de que as traballadoras comemos xuntas nunha habitación pequena e as miñas compañeiras préstanme diñeiro, só podemos gastarnos unha pequena cantidade cada unha, porque todas temos que preocuparnos de como poderemos enviar diñeiro ás nosas familias”.

A Campaña Roupa Limpa realizou un estudo para ver até que punto se poñen en práctica as políticas das principais marcas. As compañías teñen un papel vital para garantir que se pague un salario digno, xa que poderían cambiar os prezos e os seus hábitos de compra garantindo que os salarios que se pagan basten para que as traballadoras vivan de forma digna.

Este informe está dentro da campaña “Salarios Dignos” que lanzamos en novembro do pasado ano. A Campaña Salarios Dignos ten como obxectivo lograr un salario digno para as persoas traballadoras das fábricas téxtiles co apoio dos miles de activistas da Campaña Roupa Limpa e dos consumidores e consumidoras europeas.

Link informe “Salarios Dignos”: http://www.ropalimpia.org/adjuntos/noticias/materiales/salarios-dignos.pdf

Para máis información: http://www.ropalimpia.or/es/salariosdignos

 

A Campaña Roupa Limpa traballa con máis de 200 organizacións sociais de todo o mundo para mellorar as condicións laborais e apoiar o empoderamento das traballadoras da industria téxtil. A Campaña ten oficinas en 15 países europeos.

Asia Floor Wage Alliance (AFWA) é unha alianza internacional de sindicatos e activistas dos dereitos laborais que traballan xuntos para esixir que ás traballadoras do sector téxtil se lles pague un salario digno. A Campaña Roupa Limpa é membro da alianza.

Asia Floor Wage Alliance realiza regularmente investigacións sobre a cesta de comida na rexión para calcular o novo Salario Digno de Asia. O Salario Digno de Asia de 2013 é 725 PPA$. (PPA$ – Paridade do Poder Adquisitivo $, que é unha moeda imaxinaria do Banco Mundial baseada no consumo de bens e servizos, e establece o nivel de vida para poder realizar comparacións entre os países, sexa cal for a súa moeda nacional). Para ver o SDA en moeda local, consulta: http://www.cleanclothes.org/livingwage/asia-floor-wage-by-country.

 

Os cálculos dun salario digno deben ter en conta algúns factores comúns, incluíndo o número dos membros da familia aos que se mantén, as necesidades nutricionais básicas dunha traballadora e outras necesidades, como a vivenda, a atención médica, a educación e uns aforros básicos.

 

A Asia Floor Wage Alliance basea os seus cálculos nas seguintes suposicións:

1. Unha traballadora debe ser capaz de manterse a si mesma e a outras “unidades de consumo” (1 unidade de consumo = 1 adulto ou 2 nenos).

2. Un adulto require 3.000 calorías ao día para poder realizar o seu traballo.

3. En Asia, os gastos en comida supoñen a metade dos ingresos mensuais das traballadoras. 

You may also like...