AMARANTE SETEM organiza en Arqueixal unha xornada sobre Decrecemento e alternativas locais de consumo no eido da alimentación e do téxtil

cartazxanela-IIA asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, viagra Xanela Aberta. Asómate ao cambio, healing na súa edición número XIII, ask apresenta unha xornada formativa adicada ao Decrecemento e alternativas locais de consumo no eido da alimentación e do textil.

As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse ao longo da fin de semana do 12 e 13 de abril, na eco-aldea de Arqueixal (Palas de Rei), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras programadas para o sábado e o domingo.

A xornada comeza na mañá do sábado 12 de abril cunha reflexión participativa en torno ao Decrecemento no contexto social e medioambiental galego, dinamizada por Verdegaia e Amarante Setem.

Durante a tarde do sábado contarase co Sindicato Labrego Galego e persoas de Amarante Setem vinculadas á plataforma MOV3, para coñecer e reflexionar sobre as posibles alternativas locais de produción e consumo no eido da alimentación e do textil.

E para rematar a xornada, na tarde do domingo 13 contarase con Xosé Luis, de Arqueixal para presentar este proxecto de ecoagroturismo que leva xa tempo dando vida á Comarca da Ulloa.

 

Programación:

Sábado 12 de Abril Resistencias II: Decrecemento e alternativas de consumo. . Arqueixal

12.00 – 14.00 Decrecemento no contexto galego. Verdegaia – Amarante Setem.

Xantar colectivo

16.30 – 18.00 Alternativas no eido da alimentación. Sindicato Labrego Galego (SLG).

18.00 – 18.30 Descanso

18.30 – 20.00 Alternativas no eido textil. MOV3. Amarante Setem

20.00 – 20.30 Peche e agradecementos.

Domingo 13 de Abril. Arqueixal

16.30 – 18.30 ConstruíndoBio. Xosé Luis (Arqueixal).

 

O 12 e 13 de abril tedes unha cita en Arqueixal (Palas de Rei) para falar de decremento e alternativas ao modelo de produción e consumo actual.

Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas.

 

 

You may also like...