AMARANTE SETEM organiza en Compostela unha Xornada adicada a modelos económicos dende unha perspectiva feminista

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, remedy Xanela Aberta. Asómate ao cambio, search na súa edición número XIII, apresenta unha xornada formativa adicada ao coñecemento das Loitas feministas: as súas reivindicacións, ideas e propostas fronte ao modelo socio-económico actual.

As actividades enmarcadas nesta xornada desenvolveranse o sábado 26 de abril, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), onde tanto as persoas participantes da formación como aquelas outras interesadas na temática, poderán participar das palestras programadas para a mañá deste sábado.

A xornada comeza cun achegamento aos Modelos de Economía Feminista da man da Marcha Mundial das Mulleres e Implicadas co Desenvolvemento, para logo facer fincapé na experiencia concreta desta última cos Microcréditos.

Programación:

Resistencias III: Loita Feminista Global. Sábado 26 de Abril. CIAC – Compostela.

10.30- 12.00 Modelos de Economía Feminista. Marcha Mundial das Mulleres e Implicadas no desenvolvemento.

12.00 – 12.30 Descanso.

12.30 – 14.00 Experiencias con Microcréditos. Implicadas no Desenvolvemento.

 

O 26 de abril tedes unha cita no CIAC (Santiago de Compostela) para falar da loitas feministas e as alternativas propostas desde estas.

Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas.

 

 

Para máis información:

educacion@amarantesetem.org

 

You may also like...