AMARANTE SETEM organiza no CIAC a xornada formativa “Comunicación Social e as alternativas existentes a nivel galego”.

cartazxanela-II

A asociación galega Amarante Setem no marco do seu programa de educación para o desenvolvemento, medical Xanela Aberta. Asómate ao cambio, sale na súa edición número XIII, thumb apresenta unha xornada formativa adicada á Comunicación Social e aos medios alternativos de información. Será este 24 de maio no CIAC (Centro de Interpretación Ambiental) de Compostela aberta a tódolos públicos sen custe.

Ás actividades serán pola mañá en horario de 10.30-14.30. Iniciarase cun obradoiro sobre a Cultura de transición nos medios de comunicación; e remataremos cun debate en torno à Comunicación Social. Unha mesa na que contaremos, entre outros convidados, con Galiza Contrainfo e Irmandade TV. As actividades desta xornada estarán dinamizadas e coordenadas por Galiza Ano Cero

A importancia dos medios de comunicación e o xeito de interpretar a realidade con independencia, onde as organizacións sociais temos moito que dicir, será o eixo central desta xornada. A comunicación social é imprescindible nos tempos que estamos a vivir. Coñecer a reflexionar cos medios galegos que están creando outro xeito de comunicar é importante de cara a construír outro xeito de informar e transformar.

Programación:

Resistencias IV: Comunicación Social e medios alternativos. Sábado 24 de Mayo. CIAC – Compostela

10.30 – 12.30 Son mamíferos os xornalistas? A Cultura da Transición e os medios de comunicación. Galiza Ano Cero.

Sinopse:

Que pensa un xornalista que é e que é en realidade un xornalista? De que é responsábel e de que non é responsábel? Que sabemos sobre o funcionamento dos medios? E que podemos facer ao respecto? Sabemos o que significa cooperar e corresponsabilizarse? Algunhas intuicións sobre a Cultura da Transición e os medios que nos arrodean para pensar a comunicación dende abaixo.

13.00 – 14.30 Debate sobre a Comunicación Social.

Xose Manuel Pereiro, decano do colexio de xornalistas de galicia.

David Lombao, Director de Praza Pública

Belen Regueira, Xornalista e investigadora en comunicación.

Aurelio Lopes, de Irmandade tv

17.00-20.00 Formación interna para as persoas inscritas no Xanela: preparando as viaxes.

 

Con esta V Xornada remata a formación no Xanela e as persoas que completaron a formación preparan xa as súas estadías coa organización do Movemento dos Sem Terra do Brasil e a Asociacion de Mulleres do Téxtil Attawassoul de Marrocos, que se realizarán nos meses de xullo e agosto.

Para máis información e inscricións:

Estefanía Elexpuru: educacion@amarantesetem.org
TLF: 665 812 444

 

You may also like...