Estafadas! Un novo informe revela que as traballadoras de Europa do Leste e Turquía cobran salarios de pobreza.

1 hugo boss  homepage face responsibility logoA Campaña Roupa Limpa publica hoxe un informe que esclarece a verdade que se oculta tras as cadeas de moda de alta gama e a situación das traballadoras de Europa do Leste e de Turquía que confeccionan as súas pezas. “Estafadas: Os salarios de pobreza das traballadoras do sector téxtil do Leste de Europa e Turquía” é o resultado dunha investigación exhaustiva que inclúe entrevistas realizadas a máis de 300 traballadoras do sector téxtil de 10 países de Europa do Leste e Turquía. Esta rexión é un importante centro de produción do consumo da Unión Europea xa que aproximadamente a metade da roupa importada fabrícase en Europa do Leste. Os países onde se realizaron este informe son Bulgaria, illness prostate Ucraína, sildenafil pilule Macedonia, ed Croacia, Romanía, Bosnia Herzegovina, Xeorxia, Moldavia, Eslovaquia e Turquía.

O informe reflicte que os países exsoviéticos funcionan como patio traseiro da industria téxtil proporcionando man de obra barata ás marcas e empresas de roupa da Europa occidental. A pesar de que esta rexión ten unha longa historia no campo da produción téxtil e conta con man de obra altamente cualificada, as investigadoras descubriron que todas as fábricas que producen para as marcas máis importantes de Europa (como Zara, Hugo Boss, Adidas, H&M ou Benetton) pagan soldos que están por baixo do limiar da pobreza, e moitas das persoas que traballan nelas teñen que recorrer á agricultura como traballo complementario. O informe revela que os salarios mínimos legais soamente cobren entre o 14% (Bulgaria, Ucraína e Macedonia) e o 36% (Croacia) dun salario digno básico.

Christa Luginbühl, unha das autoras deste informe, declarou o seguinte: “Este estudo confirma que as traballadoras europeas do sector téxtil traballan durante longas xornadas por uns salarios que nin sequera cobren as súas necesidades máis básicas. O feito de que as cadeas de subministración sexan complexas e opacas non é escusa para negar a ninguén o seu dereito a un salario digno. A pesar de que marcas como Zara e H&M obteñen uns beneficios cada vez maiores, as condicións laborais dos países produtores da rexión investigada víronse deterioradas especialmente desde 2008 e 2009”.

As traballadoras da rexión tamén sofren polo feito de que os sindicatos non teñen capacidade para loitar polos seus dereitos máis básicos. Unha sindicalista de Croacia declarou que “os sindicatos non teñen a opción de pelexar por uns salarios máis altos, xa que teñen que loitar constantemente contra as prácticas ilegais, como as horas extraordinarias sistemáticas e a falta de pagamento das cotizacións sociais ou a falta de pagamento de salarios”. Bettina Musiolek, outra das autoras do informe, subliñou que “chegamos a dar por feito que as traballadoras do sector téxtil de Asia son explotadas e cobran salarios baixos traballando nunhas condicións pésimas, pero o que reflicte este informe é que “os bos” non existen”.

A Campaña Roupa Limpa esixe que se acabe co mito de que pagar máis pola roupa ou proverse en Europa garante unhas condicións laborais decentes. As marcas teñen que dar pasos claros e demostrar un compromiso real na súa propia cadea de subministración para garantir que todas as persoas que traballan para elas, indistintamente do lugar no que vivan, cobren un salario digno.

Activistas, sindicatos e traballadoras da rexión investigada esixen ás marcas europeas que se aseguren, como primeiro paso inmediato, de que as traballadoras reciban un salario basee neto de polo menos o 60% da media salarial nacional. Os prezos de compra débense calcular sobre esta base e deben permitir realizar subidas salariais.

Estafadas” forma parte dunha serie de informes realizados pola Campaña Roupa Limpa que analizan tanto a situación das traballadoras do sector téxtil en todo o mundo como os pasos que deben dar as marcas para pagar un salario digno. A principios deste ano, a Campaña Roupa Limpa realizou unha investigación exhaustiva sobre as marcas do sector téxtil para comprobar os pasos que deron cara ao salario digno, e o resultado desta investigación publicouse no informe “Salarios Dignos”.

O informe mostra que aínda hai un longo camiño por percorrer. As marcas teñen que actuar xa e asegurarse de que as traballadoras da súa cadea de subministración (xa sexa en Asia ou en Europa) cobren salarios dignos.

Link investigación:: http://www.ropalimpia.org/adjuntos/noticias/materiales/18CRL_ESTAFADAS.pdf

Para máis información: http://www.ropalimpia.org/es/salariosdignos

Asia Floor Wage Alliance realiza regularmente investigacións sobre a cesta de comida na rexión para calcular o novo Salario Digno de Asia. O Salario Digno de Asia de 2013 é 725 PPA$. (PPA$ – Paridade do Poder Adquisitivo $, que é unha moeda imaxinaria do Banco Mundial baseada no consumo de bens e servizos, e establece o nivel de vida para poder realizar comparacións entre os países, sexa cal for a súa moeda nacional). Para ver o SDA en moeda local,

consulta: http://www.cleanclothes.org/livingwage/asia-floor-wage-by-country.

Os cálculos dun salario digno deben ter en conta algúns factores comúns, incluíndo o número dos membros da familia aos que se mantén, as necesidades nutricionais básicas dunha traballadora e outras necesidades, como a vivenda, a atención médica, a educación e uns aforros básicos

A Asia Floor Wage Alliance basea os seus cálculos nas seguintes suposicións:

Unha traballadora debe ser capaz de manterse a si mesma e a outras “unidades de consumo” (1 unidade de consumo = 1 adulto ou 2 nenos).

Un adulto require 3.000 calorías ao día para poder realizar o seu traballo.

En Asia, os gastos en comida supoñen a metade dos ingresos mensuais das traballadoras.

————————————————————————————————————————–———–

Campaña Roupa Limpa: A Campaña Roupa Limpa é unha rede internacional de ONG, sindicatos e organizacións de persoas consumidoras, coordinada por SETEM no Estado español, que traballa para mellorar as condicións das traballadoras e os traballadores da industria global da confección. 

 

You may also like...