AMARANTE quere convidarvos a presentación do primeiro directorio web de moda sostible de Galicia “MOV3.Galicia Viste Consciente”

check site sans-serif”>invitaciondirectoriomov3A Casa das Campás de Pontevedra acollerá este venres ás 19.30 horas a presentación do primeiro directorio online de moda sostible de Galicia, advice onde as persoas interesadas no consumo responsable de roupa terán acceso de primeira man ás iniciativas que están traballando neste eido na comunidade galega.

medicine sans-serif”>Esta actividade está enmarcada dentro do traballo do proxecto de Amarante “Vestir ConCienCias”, financiado pola Xunta de Galicia que iniciou en Xaneiro coa constitución de “MOV3.Galicia Viste Consciente” onde iniciativas relacionadas co téxtil ecolóxico, novas deseñadoras e deseñadores, estudantes do último curso das escolas de moda galegas, tendas de segunda man e de recuperación e tendas de roupa ecolóxica se uniron para dar forma a este traballo.

Así, a iniciativa impulsada AMARANTE SETEM e pola deseñadora María Almazán, leva desde comezos de ano desenvolvendo un plan formativo onde nas diferentes sesións, ademais de clases teóricas sobre distintos aspectos da moda sostible, promovéronse traballos colectivos entre os participantes. Estes proxectos colectivos serán presentados tamén neste acto para entender o traballo dunha peza de roupa feita con criterios ecolóxicos, de cercanía, e mostrar a trazabilidade dunha peza de roupa.

No encontro participarán Nanda Couñago, directora de Amarante Setem, e María Almazán. Mostrarase os vídeos dos traballos colectivos e contaremos coa performance a cargo do artista Ash Santos.

A presentación conta co apoio da Universidade de Vigo, no marco do proxecto Green Campus que se desenvolve no Campus de Pontevedra. Esta iniciativa, froito dun convenio entre a Fundación de Educación Ambiental (Foundation for Environmental Education – FEE) e a Universidade de Vigo, ten como obxectivo contribuír a difundir e mellorar a educación ambiental para o desenvolvemento sostible na comunidade universitaria.

MOV3 definiuse como un colectivo galego vinculado ao téxtil que engloba tendas, marcas, deseñadores e deseñadoras que comparte ideas e proxectos aportando cada quen o mellor de seu. O colectivo pensa que outros xeitos de traballar son posibles, polo que opta por un modelo de deseño con identidade propia que defende tanto o valor artístico das pezas como a súa calidade e durabilidade.

MOV3 camiña cara a eco sostibilidade, o uso responsable dos recursos naturais e a produción local, comprometéndose co consumo responsable e consciente e os respecto e trato digno ás persoas, seguindo os principios do comercio xusto

You may also like...