AMARANTE anima á sumarse á Campaña NON ó TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) entre UE – ESTADOS UNIDOS

1A Unión Europea (UE) está disposta a liberalizar os servizos públicos dos seus Estados membros e a abrir ás multinacionais norteamericanas as portas dun mercado único de 800 millóns de persoas. Dende hai un ano, o Departamento de Comercio de Estados Unidos e a Comisión Europea están negociando en segredo un Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP, nas súas siglas en inglés) que, de aprobarse nos seus actuais termos, rematará o Estado de Benestar en Europa tal e como o coñecemos: propón a privatización dos servizos públicos como a sanidade, a educación e as pensións, e acaba coa maioría dos dereitos laborais existentes baixo o argumento de que hai que parar aos países BRICS (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica) que nos están ‘invadindo’, comercialmente falando 

Tedes máis información:

 http://noalttip.blogspot.com.es/

Fonte: MANUEL ÁNGEL MENÉNDEZ – Cuarto Poder

 

Para saber máis:

 

Este Tratado ten varios antecedentes, aínda que quizais o máis similar fora o AMI (Acordo Multilateral de Investimentos), que non chegou a aprobarse. O actual TTIP leva negociándose en segredo dende xullo de 2013, pero os negociadores da Comisión atopáronse con que os borradores da discusión foron ‘filtrados’ e prenderon a luz vermella en organizacións ecoloxistas, sindicais e sociais, como Attac, que denunciaron o perigo neoliberal que nos axexa: acabase o Estado de Benestar que nos queda para implantar en Europa o ‘reinado do terror’ das multinacionais europeas e norteamericanas.

O perigo é tan grave, que membros de Attac Madrid, como Lourdes Lucía e Mariano Aragonés, ou John Hilary, da Oficina de Bruxelas de Rosa Luxemburgo Stiftung, debullaron os documentos segredos que actualmente negocia a Comisión e que previsiblemente poderían ser aprobados polo Parlamento Europeo resultante das eleccións de maio, xa que a esquerda europea non conseguiu os obxectivos electorais que permitiran parar na Eurocámara o que está negociando a Comisión. “Preséntanse momentos moi duros para Europa”, avisan as organizacións ecoloxistas, sindicais e sociais coas que falou cuartopoder.es.

 

Nos borradores que se negocian en segredo enuméranse os servizos públicos que poderían ser postos en mans privadas. Eses documentos, que están sendo base de conversas confidenciais no Comité de política comercial do Consello Europeo, foron remitidos a finais de maio aos gobernos da UE, coa petición de unha resposta antes da próxima rolda de negociacións entre Estados Unidos e a UE, que terá lugar a partir do 14 de xullo de 2014. O Tratado debe aprobarse en 2015 e necesítase a aprobación do Parlamento Europeo e, no seu caso, dos parlamentos estatais que así o recollan na súa lexislación interna. “¿Alguén dubida de que en España o aprobaría inmediatamente o Goberno de Rajoy?”, pregúntanse de forma retórica en Podemos e en Izquierda Unida.

 

O contido dos documentos puido ser coñecido porque a Federación Europea de Sindicatos de Servizos Públicos (EPSU), que inclúe a 265 sindicatos de 8 millóns de traballadores de servizos públicos, os recibiu de fontes gobernamentais e os filtrou convenientemente. Así se puido pór en marcha a campaña “Non ao Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos” (#NoalTTIP), ante a opacidade reinante nestas negociacións.

 

Segundo a análise realizada por Attac, Ecologistas en Acción e outras organizacións, o TTIP no seu actual nivel de negociación tería en síntese as seguintes consecuencias:

 

– Elimínanse as normas reguladoras e as barreiras regulamentarias que reducen os beneficios das grandes corporacións transnacionais. O obxectivo é crear un mercado libre para os inversores en Estados Unidos e a Unión Europea e darlle ás grandes empresas transnacionais todo o poder, incluso por encima do poder dos Estados.

 

– Un dos obxectivos é a creación dun Consello de Compensación Regulatoria que lle daría ás empresas o poder de escoller e eliminar as normativas, recibir notificación das novas propostas de normativas antes de que sexan aprobadas e a potestade de eliminar as restricións que pensen que lles poden prexudicar.

 

– Baixo a escusa de “harmonizar” as normas estadounidenses e europeas, preténdese relaxar ou eliminar as normas que poden supoñer unha restrición ou barreira para o libre investimento das grandes empresas. Por exemplo, en Estados Unidos, tras a crise, estableceuse a chamada regra Volcker, similar á Ley Glass-Steagall (establecida en 1933 tras a crise de 1929 e abolida pola Administración Clinton en 1999), que regula a actividade da banca comercial ou de depósito: esta norma ou regra prohibe a comercialización de produtos derivados tóxicos, limita os bancos too big to fail (demasiados grandes para deixalo caer e que, polo tanto, hai que rescatar con diñeiro público) e establece algunhas regulacións ás transaccións financeiras. En Europa esta regulación non existe e os lobbies da City e o Goberno alemán en nome do sector bancario están facendo presión para eliminar a normativa estadounidense e suprimir calquera tipo de restrición ou regulación á actividade da banca financeira ou de investimentos.

 

– En canto ao comercio e ao consumo, elimínase a lexislación sobre consumo europea, que é moito máis garantista que a estadounidense, e si se aproba o recomendado polo TTIP, poderán chegar aos supermercados europeos infinidade de produtos alimenticios que, por exemplo, conteñen ingredientes xeneticamente modificados, hoxe prohibidos en Europa.

 


– Os dereitos laborais son os grandes perdedores no TTIP que, segundo Lourdes Lucía, de Attac Madrid, representa unha ameaza para o emprego e os dereitos das traballadoras, favorece a deslocalización e relaxa as normativas laborais. O feito pouco coñecido é que Estados Unidos só ratificou dous das oito normas fundamentais da Organización Internacional do Traballo (OIT) e que a “harmonización” USA-UE farase sobre o mínimo común denominador, o máis prexudicial para as traballadoras e máis beneficioso para as empresas: restrinxe o dereito de sindicación e de folga e calquera reforma futura encamiñada a mellorar as condicións de emprego poderá ser obxecto de demandas de indemnización por parte das empresas (sic).

 

– Afecta negativamente a outros dereitos, como o de libre circulación das persoas, o dereito á información ou ao respecto á privacidade.

 

Os servizos públicos serán vítimas dunha feroz privatización. A educación, a sanidade, o transporte, as pensións… todo será obxecto de negocio para as grandes empresas (o mesmo que intentou Ignacio González na Comunidade Autónoma de Madrid co seu intento de privatizar a sanidade pública madrileña).

 

– En educación, onde agora hai bolsas haberá créditos bancarios, coma no sistema norteamericano; onde había pensións públicas haberá fondos privados de pensións e a cobertura sanitaria pública converterase en seguros privados, xusto coma en Estados Unidos. O negocio farano a partir de entonces os fondos voitre, os grandes bancos e as grandes empresas.

 

– Porase en marcha un denominado Investor State Dispute Settlement (ISDS o Mecanismo de Resolución de Conflitos entre inversores e Estados), un mecanismo tan perigoso que permitirá ás grandes corporacións e empresas denunciar aos gobernos locais, rexionais e estatais cando consideren que unha norma emitida por calquera deles pode restrinxir ou limitar as súas ganancias presentes ou futuras (sic). Proponse a existencia de tribunais especiais, formados por tres avogados privados, ao marxe de calquera tribunal estatal ou internacional, ao que só poderán recorrer os inversores e os seus fallos serán inapelables.

 

Isto é parte do que nos espera e que se está negociando co máximo segredo. Se puido ser coñecido é grazas a movementos ecoloxistas e sociais, organizacións sindicais e a organizacións como Attac, que están desenvolvendo unha ampla campaña de denuncia e información. O perigo é tan grave, que na lista de ofertas nas negociacións sobre servizos se estenderá a outras esferas, como a concesión de licencias para centros de coidados de saúde, a acreditación universitaria e escolar, o subministro municipal de auga, as instalacións de eliminación de residuos, as centrais eléctricas e as licencias de radiodifusión, entre outros. E, por se fora pouco, as pequenas e medianas empresas quedarán laminadas por completo.

 

 

 

http://noalttip.blogspot.com.es

 

You may also like...