AMARANTE e ROUPA LIMPA denunciamos a detención de Boubker ElKhamilichi en Marrocos

Ultima hora! 

ailment serif; font-size: medium;”>hamisi

O activista marroquí Boubker El Khamlichi foi liberado. Ao parecer, a detención e os cargos aos que se enfrenta o noso compañeiro teñen a súa orixe na súa tarefa pola defensa dos dereitos civís e os dereitos humanos. A organización Vía Democrática, da cal Boubker El Khamlichi é membro fundador, denunciou ante instancias internacionais as torturas recibidas por Wafae Charaf tras ser detida pola policía en Tánxer.

Ao chegar o caso ás Nacións Unidas, o gobernó marroquí iniciou uha investigación citando a declarar a Boubker El Khamlichi e a Wafae Charaf, víctima esta última das brutais agresións do corpo policial. Os procesos que comportaron a detención e ao xuízo celebrado  onte responden á negativa de ambos a declarar.

 

 

Onte xoves produciuse a detención arbitraria de Boubker ElKhamilichi, membro do movemento 20 de febrero marroquí, compañeiro e colaborador da Campaña Roupa Limpa en Marrocos. Foi na súa casa por policías vestidos de civís e sen dar ningunha información. Estivo retido durante 5 horas sen informar á súa familia e agora atópase en prisión preventiva a pesar de non presentarse cargos.

Nos últimos 10 anos levaban colaborando coa Campaña Roupa Limpa para denunciar e defender os dereitos laborais das obreiras da confección. Participou en varias investigacións que permitiron mostrar as malas condicións de miles de traballadoras que cosen roupa para firmas internacionais como Zara o Mango en Tánxer. E constituíu a primeira asociación de mulleres obreiras do téxtil en Tánxer e que xa se ampliou a outros sectores como as peladoras de gambas.

Elkhamlichi estivo en Galicia varias veces da mán de Amarante dando a coñecer a situación das obreiras do téxtil, e participamos tódolos anos coa Asociación Attawassoul na visita e encontro entre traballadoras e colaboradoras galegas dentro do noso programa Xanela aberta ao Sur.

Boubker ElKhamilichi dedicou toda a súa vida á defensa dos dereitos humanos en Marrocos. Foi preso político, torturado nos cárceres marroquies e sindicalista até a súa xubilación. Pero tamén se coñece polo seu labor incansable na defensa dos dereitos dos inmigrantes subsaharianos que están en tránsito ou se establecen en Marrocos, e é coñecido pola súa participación activa no Movemento 20F de Marrocos.

Sumámonos ás reinvidicaciones das asociacións da sociedade civil de Tánxer e demandamos:

1. A liberación inmediata e sen cargos de Boubker ElKhamilichi

2. O cumprimento dos tratados internacionais asinados por Marrocos que prohiben as detencións indiscriminadas

3. O fin da campaña de acoso aos activistas da sociedade civil

 

 

You may also like...