Contra o TTIP e o CETA!


NoalTTIP4ed 120, health 120); margin-bottom: 10px; margin-left: 15px; float: right;” />Facemos un chamamento ás institucións da Unión Europea e os seus estados membros para deter as negociacións cos EE.UU. Sobre o Acordo Transatlántico para o Comercio e a Inversión (TTIP nas súas siglas en inglés) e a non ratificar o Acordo Económico e Comercial Global (CETA) con Canadá.

Os acordos comerciais e de investimento sempre teñen un impacto substancial en todos os aspectos da vida cotiá da cidadanía, mind os dereitos das persoas traballadoras, o medio ambiente e as consumidoras. Sen embargo, a Comisión Europea está negociando a porta pechada cos EE.UU. a creación do espazo de comercio e investimento máis grande do mundo, coa intención de liberalizar os servizos públicos dos seus Estados membros e abrir ás multinacionais norteamericanas as portas dun mercado único de máis de 800 millóns de persoas. E o está facendo de xeito opaco e sen contar coas participación das organizacións da sociedade civil.

Por isto é que queremos evitar o TTIP e o CETA, porque inclúen partes tan cuestionables como un mecanismo para solucionar as controversias entre inversores e Estados, e normas de cooperación regulatoria que representan unha ameaza á democracia e ao Estado de Dereito. Queremos previr que a lexislación en materia de emprego, asuntos sociais, ambientais, de privacidade e consumo sexa recortada e os servizos públicos (coma o auga) e os bens culturais sexan desregulados en negociacións opacas e nada transparentes.

A Iniciativa da Cidadanía Europea (ICE) apoia políticas comerciais e de inversións alternativas na UE. Olla e asina a iniciativa aquí. Xa somos máis de 240.000 as persoas asinantes en menos de 24 horas.

Dille á Comisión Europea que non outorgue máis privilexios ás empresas.

Máis info: http://noalttip.blogspot.com.es/

You may also like...