AMARANTE SETEM e o Sindicato Labrego Galego organizan o Mercado Transparente en Pontevedra para promover os mercados locais e o consumo responsable

Cartaz Mercado tranparente Pontevedra FinalAMARANTE Setem e o Sindicato Labrego Galego retoman a súa actividade na organización de mercados transparentes en Pontevedra para achegar a cidadanía outro xeito de producir e consumir máis respectuoso co medio ambiente e coa saúde das persoas nunhas datas tan marcadas polo consumismo navideño.

Defendemos outro modelo de consumo, thumb un consumo responsable, unhealthy onde se respectan os dereitos sociais e laborais das persoas produtoras, e os dereitos das persoas consumidoras a acceder a produtos de calidade e transparencia dos produtos que mercan.

O mercado transparente é unha actividade de sensibilización e información das alternativas de consumo que supoñen a mellor forma para se enfrontar á crise económica, social e ambiental que estamos a vivir. Así as persoas consumidoras terán acceso directo a produtos de fresco e envasados elaborados de xeito artesanal por artesáns, tanto de Galicia como dos países empobrecidos baixo criterios de respecto ó medio ambiente, salarios dignos, desenvolvemento colectivo e sostible, igualdade e non explotación infantil. Principios do comercio xusto.

O obxectivo desta iniciativa é mostrarlle á cidadanía que existe toda unha inmensa variedade de produtos de calidade e a prezos asequibles que respectan os dereitos humanos e o medio natural, e que son unha alternativa para aquelas persoas que no Nadal queren facer as súas compras de acordo ós criterios de un consumo consciente e responsable.

Para iso organizamos 2 actividades:

Unha mesa redonda sobre experiencias de mercados locais noutras comarcas galegas, o xoves 11 ás 19.30 na Casa das Campás e o propio mercado transparente o sábado 13 pola mañá na Praza da Ferrería.

Os mercados locais

Cada vez hai máis experiencias e concellos que apostan por estas iniciativas que son promovidas polas propias produtoras, e asociacións sociais e de artesáns. Os mercados de proximidade garanten o círculos de confianza ó coñecer as persoas produtoras e como producen, reducen o impacto ambiental no transporte, e sobre todo garanten o desenvolvemento económico da comarca.

Dende Amarante e o Sindicato Labrego queremos achegar estas experiencias a cidadanía en Pontevedra e demandar a posta en marcha na nosa cidade dun mercado local que defenda a economía local de produtoras e artesáns e as organizacións sociais e as de comercio xusto para que a cidadanía teña un acceso real a estes produtos.

O mercado transparente o sábado

O sábado contaremos con 10 postos onde atoparedes produtos de horta dos labregos e labregas da comarca, produtos de comercio xusto e organizacións sociais.

Asemade haberá paneis informativos sobre o prezo dos produtos en orixe e a marxe coa que quedan as grandes distribuidoras, a exposición “NON T CONSUMAS” e un espazo que recordará ás vítimas da traxedia de Bangladés, coincidindo cos actos ó redor do Día internacional dos Dereitos Humanos, onde pediremos a Benetton que asuma a súa responsabilidade e contribúa ó Fondo de Compensación ás Vítimas de Rana Plaza onde morreron 1138 persoas.

Todas as actividades estarán acompañadas polo grupo de gaitas “Os Chichisos

You may also like...