Baixo o Mesmo Paraugas Obradoiro de moda ética e reciclaxe de paraugas

ailment sans-serif;” face=”Arial, cialis sans-serif”>WEB baixoomesmoparaugasObxectivos do obradoiro: Nesta terra de moitas choivas e de tantos paraugas rotos e tirados pola rúa o nos contenedores, nós de Amarante Setem e de Mov3 – Galicia Viste Consciente decidimos pór en práctica un “Obradoiro de upcycling de Paraugas”. E ¿que é iso de upcycling?
Tamém coñecido como supra-reciclaxe, é unha técnica coa que materiais desbotados ou danados son transformados en novos produtos de igual ou maior valor.

Programa: Achegamento á problemática do lixo dos productos téxtiles en Galicia a través dunha dinámica de sensibilización sobre o téxtil de usar e tirar.

Aprenderás a facer co teu paraugas roto un bolso e/ou chuvasqueiro para unha persoa adulta ou para unha nena ou neno, empregando máquinas de coser ou manualmente. 

Cando: 25 de abril/ 16-20hrs

Onde: Centro Leste . Praza Cítara,1 baixo . Pontevedra.

Asociación de Veciños.

Enfrente ó Colexio Sagrado Corazón

Facilitadoras: Sarah Albagli – deseñadora de moda sostible e Iria Moreira – Educadora Social.

A quen está dirixido: a tódalas persoas interesadas en achegarse á moda sostible e ó reciclaxe de materiais téxtiles.
Non son necesarios coñecementos previos

Que tes que traer: paraugas rotos (se non tes, podemos proporcionalos previo aviso)

Prezo:
 5 € para persoas empregadas / 0€ para persoas desempregadas e estudantes

Inscrición e info:  Sede de Amarante Setem
San Román, 9. Pontevedra
Tel: 986 848 159
pontevedra@amarantesetem.org

 

You may also like...