Organizacións sociais, de comercio xusto, labregos e labregas e artesáns, unímonos para celebrar Semana Galega de comercio xusto do Norte e do Sur en Pontevedra

volantinaDespois de que o Concello de Pontevedra non concedera ningunha praza para celebralo Dia Internacional do Comercio Xusto, search adicado ó téxtil -o 9 de maio-, remedy por ter preferencia ós partidos políticos na campaña electoral, sickness atrasamos ás actividades para a semana do 16 ao 20 de xuño.

Co gallo desta celebración, organizacións da comarca organizámonos para a realización de varias actividades. Así, esta actividade que tradicionalmente realizábamos o Sindicato Labrego Galego e AMARANTE, uníronse a recen nacida Asociación 4Ponlas –asociación de labregos e labregas, artesáns e organizacións sociais da comarca de Pontevedra- e a Asociación Boa Vida –organización de inclusión social-. 

As actividades queren visibilizar e animar a cidadanía da comarca a incorporar cada día máis hábitos de consumo responsable na súa vida cotiá.  Os beneficios que se obteñen son fundamentais non solo para a saúde das persoas que o practican senón tamén polos seus beneficios para toda a sociedade.

Dúas cousas tan básicas como a alimentación e a roupa están moi condicionadas no mundo pola explotación laboral, pola contaminación, e polo emprego de grandes cantidades de químicos e pesticidas. Facer cambios no teu consumo destes produtos lograrán grandes beneficios en persoas da túa contorna e no mundo.

 

21 millóns de persoas en todo o mundo traballan en condicións de traballo forzoso nas diversas for­mas que adopta a escravitude moderna, como a servidume por débedas. O téxtil e o traballo agrí­cola son os dous sectores en que esta explotación extrema está máis xeneralizada e aínda existe explotación infantil.

Se as traballadoras do téxtil recibiran salarios dignos polo seu traballo, estas persoas sairían da pobreza e poderían manter as súas familias, escolarizar seus fillos e fillas e pagar ós medicamentos que precisasen.

Se reutilizáramos a roupa, a recicláramos ou mercáramos roupa de segunda man, reduciríamos  a contaminación, aforraríamos auga, etc. Só para producir unha camiseta de algodón necesítanse 2700 litros de auga e e 7.000 litros para un vaqueiro. Se entre os anos 2010 e 2011, tiráronse 745 toneladas de roupa e residuos téxtiles en Galicia. O impacto ambiental que provocamos é insostible.

 

Se consumimos produtos ecolóxicos, frescos e de cercanía, estamos melloran a nosa saúde, reducimos a contaminación –ó non mercar os chamados alimentos viaxeiros- mantemos o noso rural vivo, e aseguramos un desenvolvemento económico local lonxe de intereses económicos especulativos externos.

 

Por todos estes motivos organizamos esta serie de actividades e vos animamos o sábado 20 a  participar activamente na creación de alfombras mandalas con refugallos de roupa. Trae restos de téxtil que teñas na casa que xa non sirva que lles damos un novo uso.

 

ACTIVIDADES

 

Cine-forum sobre o téxtil. Casa das Campás ás 20:00

 

  • A través do documental debatiremos sobre ferramentas de denuncia e iniciativas de presión para garantir salarios dignos e dereitos humanos nas nosas sociedades.

 

  • Debatiremos si é posible a moda ética e presentaremos MOV3: Galicia Viste Consciente con iniciativas de roupa feita en Galicia

 

 

      Sábado 20 de Xuño: mercado transparente.Praza do Teucro de 10.00-14.00

 

Teremos postos de produtos ecolóxicos das produtores e produtoras da comarca, artesáns, unha taberna degustacións dos produtos da comarca,  música, e roupa de comercio xusto e de segunda mán

 

TRAE TEUS REFUGALLOS DE ROUPA E FAREMOS ALFOMBRAS MANDALAS! 

Veremos onde está confeccionada a roupa e os salarios que reciben as traballadoras por ese traballo.

You may also like...