VIDEO REBELDÍA: Obradoiro de videocreación crítica

serveimage

 Os colectivos Amarante Setem, site A Xuntanza, e Verdegaia, que vimos de organizar durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, decidimos xa no ano pasado reorientar a nosa programación cara un novo formato onde queremos pór o foco na participación cidadá.

Xurdiu así o “RevoltAllo audiovisual”, que non é un típico ciclo de cinema documental, senón un espazo para o encontro do audiovisual cun público que deixa de ser suxeito pasivo para seren tamén partícipe activo e mesmo creador do seu propio discurso.

Desta volta enfocamos o noso esforzo na formación, dirixida a persoas e colectivos que dalgún modo teñen relación co activismo social, cultural e/ou ambiental. Para iso montamos coas compañeirasda Illa Bufarda, que achegarán cun obradoiro práctico as ferramentas básicas para a elaboración de materiais audiovisuais que poidan dar apoio a ese activismo.

Datas: 1ºSesión: 11 de maio – 2º Sesión: 18 de maio – 3º Sesión: 25 de maio

Horario: 19.00 – 22.00 horas

OBXECTIVOS

?Coñecer e comunicar coa linguaxe audiovisual as nosas inquietudes con críticasocial.

?Coñecer xeitos e formas de comunicar para que a nosa mensaxe chegue á maior número de persoas (orixinalidade, aproveitamento de novos formatos, creatividade…).

?Experimentar o proceso creativo completo (dende a idea á posprodución).

?Coñecer todos os documentos precisos nunha rodaxe (guión, story board, plano de produción e parte de cámara).

?Traballo en grupo e coñecemento dos roles no traballo audiovisual tanto técnicos –detrás da cámara: dirección, dirección de arte, iluminación, son, produción, cámara, axudante de cámara, claquetista, script…- como artísticos – diante da cámara: reparto actoral.

?Coñecer a edición a través da montaxe do material grava

A seguir deixamos toda a información precisa

pdfFolleto VideoRebeldía

pdfCartaz VideoRebeldia

You may also like...