Roteiro por un consumo responsable no textil: a nova web de MOV3!

Captura de pantalla 2015-12-29 a las 0.19.47

 

Acreditando en que hai alternativas téxtiles en Galicia e que cada vez están xurdindo máis, remedy dende Amarante Setem impulsamos o nacemento da Plataforma Galega de Moda Sostible. En xaneiro do 2014 tivo lugar en Pontevedra o seu primeiro encontro, doctor onde naceu MOV3, find “un colectivo galego vinculado ao téxtil que engloba tendas, marcas, deseñadoras e deseñadores” que apostan por outra forma de traballar, defendendo tanto o valor artístico das pezas como a calidade e durabilidade.

Entre os seus principais obxectivos están os de fomentar un consumo ético dentro do sector téxtil, e o de proporcionar unha guía de tendas e marcas de Galicia que produzan de forma sustentable. En contraste coa sensibilización que xa existe no referido á alimentación procedente de comercio xusto, coa roupa non ocorre o mesmo e aínda está por nacer unha conciencia a nivel social que esixa este tipo de produtos.

O lanzamento da nova páxina web, que se renova para ofrecer unha busca máis sinxela e precisa, achéganos a este propósito. A través dela poderase acceder a unha guía do téxtil galego que se comprometa co respecto á natureza e á sociedade nos seus modos de produción.

MOV3 aposta por unha produción responsable, tanto a nivel de eco sustentabilidade e de recursos naturais; como no eido máis social, no referente á produción local e ao respecto e trato digno das persoas.

You may also like...