O Consumo Responsable de Roupa centra a campaña de Nadal 2016 na que colaboran coa asociación Boa Vida

A directora de AMARANTE, Nanda Couñago, presentou a campaña de Nadal de Comercio Xusto desta organización de solidariedade coas traballadoras dos países do Sur.

Durante a mesma estivo a  acompañada da coordinadora da organización BOA VIDA, Pepa Vázquez, no marco da colaboración destas dúas organizacións de loita pola xustiza social.

Este ano a campaña ten como centro o consumo responsable de roupa xa que tal como indicou Nanda Couñago “detrás da produción global de roupa hai unhas situacións social moi inxustas ao que xa a OIT ven calificando como novas traballadoras pobres”.

Ademais a directora de Amarante explicou que o modelo de produción ten un impacto ambiental e social enorme froito dun consumo de roupa de “usar e tirar”. Nese senso a coordinadora de Boa Vida, Pepa Vázquez advertiu que “xa non existe Norte e Sur, senón traballadoras pobres en distintos puntos, tamén aquí no noso entorno”.

Ambas portavoces animaron a poboación a facer un consumo responsable de roupa nestas épocas de consumo e para iso deron tres alternativas: mercar roupa de comercio xusto de algodón biolóxico de cooperativas de países do Sur; comprar toda unha ampla gama de produtoras galegas que producen en condicións de respecto ao medio e que se agrupan na rede MOV3, e consumir roupa de segunda man, “unha segunda vida a roupa” en palabras de Pepa Vázquez, que se poden atopar na tenda de Boa Vida (Cruz Vermella, 16 ).

Entre as pezas de roupa das produtoras galegas de produción xusta e ecolóxica que se poderan mercar na tenda (San Roman, 9) están as confeccionadas por Xiro, La Canalla, Cestola na cachola e Adanegra.

PRESENTACIÓN CATALOGO DE XIRO MADE IN GALICIA, 100% RESPONSIBLE WEAR

O próximo mércores 28 ás 18,00 horas presentaremos na tenda de AMARANTE de Pontevedra (San Román, 9) as prendas vaqueras de Xiro.

Este selo quere poñer e valor os coñecementos e experiencia das costureiras e veciñas da nosa comunidade.  Unha pequena homenaxe a todas as persoas que teñen loitado e loita para manter a dignidade nunha castigada industria textil.
+ Info: info@xiroeco.com

CESTAS e LAMINAS DE SEBASTIAO SALGADO

A tenda de AMARANTE seguirá ofertando neste Nadal  as súas xa tradicionais  cestas de Nadal con produtos de alimentación e cosméticos que tan boa acollida tiveron outros anos.

Tamén porá a venda reprodución de fotografías sobre os Sem Terra de Brasil do fotoxornalista Sebastiao Salgado.

AMARANTE vai reforzar no próximo período a cooperación coa organización BOA VIDA, coa finalidade de abordar o traballo de xustiza social nos países do Sur e tamén na nosa comunidade.

ESTE ANO ABRIMOS o 24 de NADAL  pola TARDE de 17 a 20,30 horas

Toda a info en https://www.facebook.com/Amarante-Setem

You may also like...