AMARANTE e BOA VIDA crean un espazo de consumo responsable e economía social e solidaria para a cidadanía de Pontevedra

Ás organizacións sociais Amarante Setem e Boa Vida Inclusion Social impulsan un local compartido no que o consumo responsable e a economía social e solidaria será o centro da actividade.

Unir a defensa do noso medio (ecoloxia), os dereitos das persoas a un traballo digno (xustiza social) e da cidadanía en xeral a ter acceso á alimentos sáns e nutritivos (saúde) é o obxectivo deste espazo.

Así Pontevedra terá un espazo onde poder mercar produtos de comercio xusto, produtos de segunda mán e será punto de encontro entre produtoras da comarca e as persoas consumidoras de alimentos ecolóxicos, entre outras actividades.

Tanto Amarante como Boa Vida, loitamos pola xustiza social, isto significa que as causas que producen pobreza no norte e no sur son comúns, todo está globalizado e non se pode traballar a unha sen a outra.

E o actual modelo de consumismo, provoca insatisfación e non solo a nivel físico senón tamén emocional. “Nós queremos unha cidadanía feliz e este espazo de consumo responsable ofrece esa posiblidade porque:

  • Reduces teu consumo, polo tanto aforras
  • Consume produtos ecolóxicos e/ou reutilizas, polo tanto melloras o planeta
  • Tes acceso a alimentos sáns, polo tanto melloras a túa saúde
  • O que mercas revirte na túa comunidade, pola tanto fas un beneficio para as túas veciñas e veciños e melloras a economía local
  • Se te unes a este espazo, accedes a prezos máis axustados, polo tanto, tamén aforras.

Según Nacións Unidas, para manter o actual modelo de consumo precisariamos o equivalente a casi 3 planetas, unha das medidas acordadas entre tódolos países é   garantir modalidades de consumo e producion sostibles. Este proxecto vai na liña dese traballo.

Para dar a coñecer e potenciar este espazo temos programadas unha serie de actividades durante o mes de maio e xuño que iniciamos este sábado coa celebración do Dia Internacional do Comercio xusto.

Maio

-Día Internacional do Comercio Xusto cun mercado transparente no Praza de Ourense, onde 6 produtoras e artesáns da Asociación 4Ponlas, Amarante e Boa Vida faremos unha mostra do que ofrecería este espazo de consumo e daremos informacion sobre o novo espazo.

Teremos produtos de horta, conservas naturais, empanadas, cervexas e instrumentos musicais. Produtos de comercio xusto, degustación de produtos e roupa de segunda mán.

Para este día contamos coa colaboración especial da música de Carlos Yus de Migallas

– Continuará cunha charla sobre Alimentacion Consciente, onde explicaremos como alimentarnos dun xeito sá e saúdable, como combinar os alimentos e aproveitar recursos para unha cociña económica.

E o mes de xuño:

– Construcción do grupo de consumo de alimentos de fresco ecolóxicos cos produtores da comarca onde faremos 2 xornadas unha informativa e de encontro para que os/as produtoras expliquen como producen, que tipo de alimentos ofrecen e ver que queren e que necesidades de consumo teñen as persoas consumidoras e outra de como organizar o grupo de consumo.

– Inauguracion do novo local que estará na Rua de Santa Clara, nº 35.

Este local que será un espazo vivo, espera ser aglutinador de máis inciativas de consumo responsable que se irán construindo ó longo deste ano. Será punto de información, por exemplo, Somos Enerxía, alternativa enerxética de luz. Etc. que iremos informando.

O consumo responsable e a economía social e solidaria é un beneficio para ti, para teu entorno e para a sociedade e o planeta en xeral.

 

You may also like...