O novo Espazo de Consumo Responsable e Economía Social e Solidaria comeza a súa andaina

O novo Espazo de Consumo Responsable e Economía Social e Solidaria, impulsado por AMARANTE e BOA VIDA, da o seu primeiro paso coa apertura este xoves 1 de xuño da tenda de Comercio Xusto.

A esta Tenda de Comercio Xusto (xestionada  por AMARANTE) continuará  a apertura da Tenda de Produtos de Segunda Man (xestionada por BOA VIDA). Ademais o local acollerá a Distribuidora de Comercio Xusto e Ecolóxico e tamén un Grupo de Consumidores de Produtos de Proximidade.

Dende AMARANTE SETEM queremos convidarvos á inauguración do novo local ó que nos trasladamos. Como xa vos vimos contando, este vai ser un espazo que estamos creando con BOA VIDA para dinamizar en Pontevedra todo o que ten qué ver co consumo responsable e economía social, no que tamén crearemos un grupo de consumo de produtos de fresco das produtoras da comarca.

Esta festa a celebraremos este vindeiro xoves 1 de Xuño ás 20:00 na Rúa SANTA CLARA, 35. Teremos uns petiscos de comercio xusto e ecolóxicos das produtoras da comarca de Pontevedra.

Lembrámosvos que en xuño teremos as xornadas para crear o grupo de consumo. Se estades interesadas en participar xa vos podedes inscribir neste correo: cxusto@amarantesetem.org

As datas son:
Obradoiro Grupo de consumo

–   Xoves 8 de xuño, ás 19:00 h
Presentación ¿Qué son? ¿Para que che serven?

Xoves 15 de xuño. Ás 19:00 h
Constitución do Grupo de consumo

No local novo, Rúa Santa Clara, 35

Tanto AMARANTE como BOA VIDA, loitamos pola xustiza social, isto significa que as causas que producen pobreza no norte e no sur son comúns, todo está globalizado e non se pode traballar a unha sen a outra.

Unir a defensa do noso medio (ecoloxía), os dereitos das persoas a un traballo digno (xustiza social) e da cidadanía en xeral a ter acceso á alimentos sáns e nutritivos (saúde) é o obxectivo deste espazo.

No local poderase mercar produtos de comercio xusto, produtos de segunda man e será punto de encontro entre produtoras da comarca e as persoas consumidoras de alimentos ecolóxicos, entre outras actividades.

You may also like...