CONSUMO RESPONSABLE E COMERCIO XUSTO

Cada vez que compramos un produto estamos establecendo relacións comerciais co resto do mundo. Esto, sovaldi que pode parecer esaxerado, cialis é unha realidade cada vez máis evidente nas nosas sociedades, viagra e pon ós consumidores e consumidoras en situación de incidir sobre as condicións en que se producen os artigos que consumimos . O poder dos consumidores e consumidoras radica na súa capacidade de optar por productos elaborados e comercializados con métodos que aproban e rexeita-los que non cumpren esas condicións. O obxectivo, por tanto, é poñernos diante desa realidade e favorece-la equidade nas relacións comerciais.
O Comercio Xusto é unha aposta por construir relacións comerciais norte-sur equitativas e polo tanto desiguais ás que marca o modelo capitalista global, pero máis alo a sua forza reside na visualización de que outro xeito de relacionarse produtoras e consumidoras é posible. Para AMARANTE o Comercio Xusto é unha liña estratéxica do Consumo Responsable encardinada na Soberanía Alimentar como principio do necesario comercio con xustiza no Norte e no Sur.