TENDA E DISTRIBUIDORA

AMARANTE SETEM doctor sans-serif;”>somos unha organización que conta cun local onde podes atopar produtos de comercio xusto e de proximidade na cidade de Pontevedra.

cialis sans-serif;”>Comezamos esta andaina alá polo ano 2000, sick na Praza da Verdura, onde comercializábamos con produtos de Comercio Xusto e apostábamos polo consumo responsábel. Dende hai uns anos, e ata o momento, estamos na rúa San Román 9 (entre a Praza da Verdura e a Praza da Ferraría) e ampliamos a nosa oferta con produtos de proximidade.

Os nosos principios están asentados na visión de que un mundo baseado nunhas relacións económicas e sociais xustas é posible e por isto tratamos de construír redes coas produtoras e produtores, tanto do Norte como do Sur, e as organizacións das que forman parte.

Ofrecemos esta vía como alternativa ao consumo tradicional e como ferramenta para construír un mundo máis xusto e solidario. A ilusión por este traballo que nos move no día a día é a de crear un intercambio económico que promova a igualdade a nivel global. Baseándonos no respecto ao medio ambiente e garantindo os dereitos humanos e laborais fundamentais, todos os nosos produtos contan coa certificación ECO e/ou FAIR TRADE.

Na nosa tenda atoparedes produtos de alimentación (cafés, chocolates, azucre panela, tés…), bixutería, roupa e complementos, cosmética , limpeza do fogar ecolóxica, xoguetes, papelería ou obxectos de decoración.

Catálogo alimentación Catálogo roupa

Convidámosvos a que vos acheguedes por aquí ou ben, se o preferides, consultedes o noso catálogo.

Do mesmo xeito, dispoñemos de servizo de mensaxería se queredes facer o voso pedido por teléfono ou a través do correo-e. Achegamos compras a grupos de consumo, escolas, Universidades, feiras, particulares, realizamos caterings, etc. E sempre escoitamos as túas suxerencias.

Se vos interesa coñecer máis sobre as nosas liñas de traballo (Banca Ética, Compra Pública Responsábel, Sensibilización e Educación…) podedes seguir consultando a nosa páxina web.

PARA CONTACTAR CON NÓS, PODES…

Chamarnos ao seguinte número de teléfono: 986 84 81 59

Escribir un correo electrónico a: cxusto@amarantesetem.org