FASE DE FORMACIÓN
1ª XORNADA. I XORNADA FORMATIVA. SANTIAGO DE COMPOSTELA.
MOTIVACIÓNS PERSOAIS
Mediante dinámicas grupais de participación activa promóvese a reflexión e o debate sobre cales son aquelas motivacións que levan as persoas a participar dun programa de Educación para o Desenvolvemento como é o Xanela Aberta ao Sur.
COHESIÓN GRUPAL
O traballo en grupo mediante dinámicas favorecerá un coñecemento mutuo e ten a finalidade de crear un clima distendido e de confianza durante o desenvolvemento de toda a fase formativa.
PRESENTACIÓN DE AMARANTE E DO XANELA ABERTA AO SUR
As persoas participantes achegaránse ao traballo de Amarante e aos eixes que fan xirar a organización.
A presentación do programa Xanela Aberta ao Sur achéganos ao concepto de “Educación para o Desenvolvemento”, e a palabras como educación, formación, sensibilización, investigación, participación…
2ª XORNADA. II XORNADA FORMATIVA. FIN DE SEMANA DE CONVIVENCIA. RIANXO.
RELACIÓNS DE PODER NORTE – SUR. PARTICIPACIÓN PARA A TRANSFORMACIÓN.
Nesta xornada trabállanse dinámicas grupais participativas que informan e invitan a reflexionar sobre o modelo de globalización e as relacións de poder Norte – Sur, as causas da pobreza e as estruturas que a perpetúan.
Todo isto enmarcado nun espacio de formación que pretende percorrer tres camiños: o da información, o da comprensión e o da acción.
TRABALLO EN GRUPO.
O traballo en grupo é fundamental para a cohesión do mesmo. Promoveranse actividades de autoxestiópn grupal de indagación – investigación sobre temas como a producción textil no Sur, Soberanía alimentaria, Comercio Xusto ou finanzas éticas.
ACHEGAMENTO AS PARCEIRAS E FORMACIÓN DE GRUPOS DE VIAXE.
Un primeiro achegamento ao traballo das organizacións coas que Amarante colabora: eixes de traballo, obxectivos, poboación coa que desenvolve o seu labor, fortalezas, etc.
As persoas interesadas en viaxar, formarán os grupos de viaxe por países.
3ª XORNADA. I XORNADA ESPECÍFICA. SANTIAGO DE COMPOSTELA.
PALESTRA: “QUEN DEBE A QUEN?”.
Nesta xornada específica unha palestra sobre a débeda externa como débeda ilexítima e xeradora de impactos destrutivos sobre vidas, economías e medio ambiente nos países do Sur e do Norte. Contaremos coa presenza dunha representante da campaña “Quen debe a Quen?“
Tamén trataremos de reflexionar sobre as seguintes cuestións desde unha perspectiva crítica: Cooperación Internacional? Para que? Para quen?
COHESIÓN GRUPAL: GRUPOS QUE VISITARÁN AS PARCEIRAS.
Trabállanse dinámicas de reflexión, coñecemento e participación activa que nos axudan a coñecer as nosas fortalezas e debilidades como individuos que conforman un grupo. Axudaranos de cara á nosa estadía como grupo na organización acolledora do Sur.
ORGANIZACIÓN DA VIAXE.
E o momento de falar sobre aspectos concretos relacionados coa viaxe. Os grupos organízanse se xeito autoxestionado planificando a xestión das datas, billetes e outras cuestións específicas da viaxe.*
4ª XORNADA. II XORNADA ESPECÍFICA. SANTIAGO DE COMPOSTELA.
AS PARCEIRAS.
Unha maior aproximación ás parceiras. O contexto social, político e económicodo país no que desenvolven o seu labor é importante para comprender os eixes sobre os que xiran as organizacións acolledoras.
UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO; NON UNHA VIAXE “TURÍSTICA”.
Promóvese a reflexión e a sensibilización sobre o noso comportamento e actitude durante a nosa visita ás organizacións de acollida no Sur. O Código de Imaxes é unha boa ferramenta.
A través desta actividade preténdese que reflexionemosr sobre algo tan común nas nosas viaxes como son as fotografías. Preguntas como as seguintes poderán ser debatidas: As imaxes que, en xeral, se transmiten do Sur, fomentan a dignidade das persoas? Fomentan a caridade ou invitan á reflexión?
*Tanto na 3ª como na 4ª xornada programaranse actividades paralelas para aquelas persoas que decidan non viaxar. Poderemos reflexionar e debatir sobre diferentes cuestións a través de video forums, debates, etc.
FASE DE COÑECEMENTO DA REALIDADE.
As persoas que decidan viaxar ao Sur, coñecerán de primeira man o traballo das parceiras coas que Amarante ten relación. O MST en Brasil, Atawassoul en Marrocos e MCCH en Ecuador.
FASE DE AVALIACIÓN.
SETEMBRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Nesta xornada de avaliación trataremos de facer unha reflexión conxunta da experiencia vivida: a estancia, a formación, o grupo, as parceiras, etc. Tamén unha avaliación sobre nós mesmas, a nosa percepción da viaxe, como nos atopamos, dificultades, fortalezas…
FASE DE DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN.
O compromiso que as persoas participantes no Xanela Aberta ao Sur adquiren con Amarante é o de, o seu regreso, difundir mediante actividades de sensibilización, a súa experiencia para promover no Norte un mellor coñecemento das realidades do Sur.